O Grupo Municipal Socialista votou en contra dos Orzamentos Municipais ao considerar que “son contraditorios co discurso do Goberno local, non responden ás necesidades reais de Ribeira e evidencian unha redacción feita con présas, improvisación e falta de rigor”, sinalaron. O portavoz socialista, Fran Suárez-Puerta, advertiu que “o documento amosa unha clara distancia entre o […]
O artigo O PSOE vota “non” aos Orzamentos de Ribeira e di que son “contraditorios e improvisados” publicouse primeiro en O Barbanza. O Grupo Municipal Socialista votou en contra dos Orzamentos Municipais ao considerar que “son contraditorios co discurso do Goberno local, non responden ás necesidades reais de Ribeira e evidencian unha redacción feita con présas, improvisación e falta de rigor”, sinalaron. O portavoz socialista, Fran Suárez-Puerta, advertiu que “o documento amosa unha clara distancia entre o
O artigo O PSOE vota “non” aos Orzamentos de Ribeira e di que son “contraditorios e improvisados” publicouse primeiro en O Barbanza.

O Grupo Municipal Socialista votou en contra dos Orzamentos Municipais ao considerar que “son contraditorios co discurso do Goberno local, non responden ás necesidades reais de Ribeira e evidencian unha redacción feita con présas, improvisación e falta de rigor”, sinalaron.
O portavoz socialista, Fran Suárez-Puerta, advertiu que “o documento amosa unha clara distancia entre o que o Goberno di e o que realmente fai”. E engadiu: “Falan de seguridade, pero destinan só 300 euros á formación da Policía Local, reducen partidas vinculadas a vehículos e conservación, mentres aceptan subidas en alugueiros, seguros, fotocopiadoras ou estudos técnicos sen un destino suficientemente claro”, sinalou.
Suárez-Puerta criticou que o Executivo pretenda “adquirir un vehículo novo para a Policía Local por só 7.500 euros e aprobar gastar 10.000 euros nun cortacéspede para A Fieiteira”.
“É a mostra máis clara da pouca seriedade coa que fixeron os orzamentos e do pouco respecto que teñen polos cartos de todos os veciños e veciñas”, afirmou.
O PSOE tamén cuestiona que se presenten estas contas como unha aposta polos servizos públicos “cando se reducen investimentos esenciais”. Argumentan que “en saneamento, a baixada supera o 16 %; en abastecemento non se incorpora ningunha obra relevante de renovación da rede; e nas obras menores e pavimentacións en parroquias tamén se produce un descenso moi importante”.
Para o Grupo Municipal Socialista resulta especialmente grave que o Goberno local “non destine nin un só euro a iniciar as obras do novo polígono industrial”, din, sinalando que esta “é unha demostración clara do descoñecemento que teñen da realidade laboral e empresarial de Ribeira, e do pouco que lles preocupa que empresas e traballadores teñan que marchar por falta de oportunidades”.
Apuntou tamén que nas contas existen unha contradición en materia de festexos. Lembrou que “cando eu fun concelleiro de Festexos, o actual Executivo criticaba as cantidades destinadas a esta área, mentres agora non só as mantén, senón que as incrementa de maneira exponencial”. A partida, dixo, “acada xa os 421.000 euros, unha cifra récord, cun aumento de mais de 114.500 € en apenas uns meses”.
E engadiu: “No caso da Festa da Dorna aparecen diferenzas claras entre documentos oficiais, algo que demostra as présas e a falta de coidado coa que se redactaron estas contas”, sinalou Suárez-Puerta.
Para o PSOE, estes orzamentos “non representan unha planificación seria nin unha folla de ruta clara para Ribeira; son unhas contas que falan dunha cousa e fan a contraria. Por iso votamos non”, concluíu.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
