O espazo da área de Turismo da Deputación da Coruña estreouse este luns 27 de xaneiro en Madrid Fusión 2025, e fíxoo, segundo informou a institución provincial, “cun rotundo éxito de asistencia durante toda esta primeira xornada”. En concreto, o público ateigou o espazo propiamente dito da área de Turismo e, tamén, os mostradores dos produtores […] O espazo da área de Turismo da Deputación da Coruña estreouse este luns 27 de xaneiro en Madrid Fusión 2025, e fíxoo, segundo informou a institución provincial, “cun rotundo éxito de asistencia durante toda esta primeira xornada”. En concreto, o público ateigou o espazo propiamente dito da área de Turismo e, tamén, os mostradores dos produtores
O espazo da área de Turismo da Deputación da Coruña estreouse este luns 27 de xaneiro en Madrid Fusión 2025, e fíxoo, segundo informou a institución provincial, “cun rotundo éxito de asistencia durante toda esta primeira xornada”. En concreto, o público ateigou o espazo propiamente dito da área de Turismo e, tamén, os mostradores dos produtores locais, onde estes amosaron as súas elaboracións e propostas.

Comezaba a xornada co aroma a café de Cafés Aruba (A Coruña) que ofreceu unha torradura de café en directo e degustación do seu café arábica 100% natural, e continuaba co xa coñecido panettone de San Isidro Bakery, elaborado por Lucía No López, nesta ocasión en vasiños con mango, crema de abelá e mousse de framboesa. Ao rematar, o catador e profesor de análise sensorial e servizo, así como técnico de viticultura e enoloxía, Luís Padín ofreceu unha cata de Castes Ancestrais e elaboracións da provincia de A Coruña e un relatorio sobre a domesticación da vide.
Ao mediodía, os fogóns do stand do Deputación estreounos o equipo de Beatriz Cotelo (Illas Gabeiras), que cociñou ante os asistentes unha tartaleta de San Simón, tartar de tenreira galega e salmoiras e feixóns verdes con mexillón de Ribeira, para posteriormente dar paso a Luís Veira (Árbore da Veira), que elaborou en directo unha muselina con ameixas e café e xurela con flocos de millo, queixo e amorodo.

O xefe de cociña, gastrónomo e investigador portugués Hélio Loureiro impartiu o último dos showcookings do día, consistente nunha robaliza macerada con oblea de camarón. Pratos que sorprenderon a un público que saboreou non so a materia prima e o bo facer dos chefs, senón tamén a historia que hai detrás de cada receita e de cada proxecto de restauración, todas moi vinculados ao territorio e á orixe.

Ademais, a Despensa d´Lujo ofreceu unha presentación e degustación de fabada galaica con broa de millo corvo de Coristanco; A Conserveira (Ribeira), das súas conservas (de mexillóns, polbo, xoubas, ovas de pescada, ventresca de bonito, navallas, mexillóns ou zamburiñas) e Chichalovers dos seus produtos máis míticos como o chourizo ou os roxóns.
Nesta edición de Madrid Fusión ten tamén un especial protagonismo o municipio portugués de Matosinhos, froito do convenio de colaboración asinado entre a entidade provincial coa Cámara de Matosinhos para a conxunta promoción turística e gastronómica. Ademais do obradoiro Hélio Loureiro contou cun espazo de exposición permanente.

Foi tamén o caso de A Conserveira; San Isidro Bakery; Bonilla a la Vista; Ternura Empanadas; A Despensa d’Lujo; Chichalovers e Cafés Aruba, que contaron con mostradores dentro do stand da Deputación, aos que asistiu un numeroso público profesional interesado nos seus produtos. Teñen, deste xeito, a oportunidade de dar a coñecer o seu traballo ante un foro tan relevante para o sector como é Madrid Fusión.

Remata, deste xeito, a primeira xornada dun dos congresos gastronómicos de maior relevancia internacional, cun balance moi positivo para a Deputación, que encheu de público todas e cada unha das súas actividades. Mañá continuará a programación, repetindo os pases de Cafés Aruba, San Isidro Bakery, A Despensa d´Lujo, A Conserveira e Chichalovers, e incluíndo showcookings de Fabián Mouzo (O Camiño Fala, Mazaricos) e presentacións de Empanadas Ternura, Queixo Galmesán e Algas Mar de Ardora.
Barbanza-Arousa | O Barbanza