O Quinteto Lunfardo chega a Boiro coa súa Noite Tango na Pousada da Galiza Imaxinaria (este sábado 2 de maio)

A música do Río da Prata soará con forza en Boiro co Quinteto Lunfardo, que ofrecerá un concerto único na Pousada da Galiza Imaxinaria. O evento promete ser unha velada cargada de emoción, ritmo e elegancia, na que o público poderá mergullarse nos sons do tango. Este concerto forma parte dunha mini xira galega do […] A música do Río da Prata soará con forza en Boiro co Quinteto Lunfardo, que ofrecerá un concerto único na Pousada da Galiza Imaxinaria. O evento promete ser unha velada cargada de emoción, ritmo e elegancia, na que o público poderá mergullarse nos sons do tango. Este concerto forma parte dunha mini xira galega do  

A música do Río da Prata soará con forza en Boiro co Quinteto Lunfardo, que ofrecerá un concerto único na Pousada da Galiza Imaxinaria. O evento promete ser unha velada cargada de emoción, ritmo e elegancia, na que o público poderá mergullarse nos sons do tango. Este concerto forma parte dunha mini xira galega do Quinteto, que levará a súa proposta musical tamén á Vigo cunha presentación no Teatro García Barbón, e A Coruña na Sala Garufa Club.

Formado por músicos arxentinos e uruguaios residentes en diferentes cidades de Europa como Berlín ou París. Cun repertorio que inclúe obras de Astor Piazzolla (o seu principal referente) xunto con outros grandes mestres do tango, a formación convida a unha viaxe musical chea de matices, nostalxia e paixón.

O concerto terá lugar na Pousada (Boiro) este sábado 2 de maio ás 22.00.

As entradas anticipadas teñen un prezo de 12€ están xa dispoñíbeis en liña en apousada.eu, e venda presencial en Baldani Concept Store (Rua Pablo Iglesias, 10 – Boiro), o prezo na billeteira da Pousada o día do concerto é de 15 euros. O Quinteto Lunfardo está integrado por Leonel Gasso en bandoneón, Pablo Woiz en piano, Gabriel Bussi en violín, Santiago Quagliariello en contrabaixo e Guillermo Bazzola en guitarra eléctrica.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas