O rianxeiro Alberto Rodríguez inaugura este venres unha exposición no Auditorio Municipal

Este venres 10 de abril vaise inaugurar en Rianxo, na sala de exposicións do Centro Sociocultural do Auditorio Municipal, unha mostra de obras elaboradas con lapis e acrílico do artista local Alberto Rodríguez. A inauguración será ás 9:30 horas. A exposición permanecerá aberta ata o 9 de maio, co seguinte horario: luns de 10:00 a […]
O artigo O rianxeiro Alberto Rodríguez inaugura este venres unha exposición no Auditorio Municipal publicouse primeiro en O Barbanza. Este venres 10 de abril vaise inaugurar en Rianxo, na sala de exposicións do Centro Sociocultural do Auditorio Municipal, unha mostra de obras elaboradas con lapis e acrílico do artista local Alberto Rodríguez. A inauguración será ás 9:30 horas. A exposición permanecerá aberta ata o 9 de maio, co seguinte horario: luns de 10:00 a
O artigo O rianxeiro Alberto Rodríguez inaugura este venres unha exposición no Auditorio Municipal publicouse primeiro en O Barbanza.  

Este venres 10 de abril vaise inaugurar en Rianxo, na sala de exposicións do Centro Sociocultural do Auditorio Municipal, unha mostra de obras elaboradas con lapis e acrílico do artista local Alberto Rodríguez. A inauguración será ás 9:30 horas. A exposición permanecerá aberta ata o 9 de maio, co seguinte horario: luns de 10:00 a 14:00 horas e de martes a sábado de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

Alberto Rodríguez Castaño, nace en Asados o 7 de Xaneiro de 1970, no lugar da Atalaia. Desde o principio mostrou interese polo debuxo, igual que case todos os nenos cando son pequenos, aínda que, seguramente, houbo un momento no que o interese converteuse en algo máis. Durante a infancia e adolescencia seguiu sempre en contacto con esta arte, facendo, a medias, un curso a distancia de debuxo e pintura, ganando algún que outro concurso a nivel local…, ata que os estudos o levan á Coruña, onde recibe formación de artistas locais.

Nos seguintes anos compaxina o traballo no matadoiro familiar coa pintura. Participa nalgunhas exposicións colectivas con artistas locais organizadas polo Concello ou por outros grupos -como Deskarte, dirixido polo pintor de Isorna Tantino-. Na Bienal José Luís Fernández, en Boiro, a fins dos 90, obtén a mención honorífica, sendo esta unha das súas últimas presenzas tanto en concursos como en exposicións.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas