Olea Atlántica presenta en Boiro un AOVE premium que recupera a oliveira autóctona galega

O Lab Barbanza, centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento do Concello de Boiro, acolleu este sábado a presentación de Olea Atlántica, un proxecto emprendedor incubado no viveiro de empresas municipal que busca situar a Galicia no mapa dos aceites de oliva virxe extra de alta gama. No acto participaron o alcalde de Boiro, José […] O Lab Barbanza, centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento do Concello de Boiro, acolleu este sábado a presentación de Olea Atlántica, un proxecto emprendedor incubado no viveiro de empresas municipal que busca situar a Galicia no mapa dos aceites de oliva virxe extra de alta gama. No acto participaron o alcalde de Boiro, José  

O Lab Barbanza, centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento do Concello de Boiro, acolleu este sábado a presentación de Olea Atlántica, un proxecto emprendedor incubado no viveiro de empresas municipal que busca situar a Galicia no mapa dos aceites de oliva virxe extra de alta gama.

No acto participaron o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Comercio, Formación e Emprego, Roberto Lojo, que acompañaron ao promotor da iniciativa, Gonzalo García, durante a presentación deste novo produto gastronómico.

O proxecto baséase en investigacións do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) que identificaron máis dunha ducia de variedades de oliveiras únicas en Galicia. A iniciativa céntrase na recuperación deste patrimonio agrícola practicamente esquecido, traballando con variedades autóctonas como Brava Galega e Mansa Galega.

O resultado é un aceite singular, diferente ao producido noutras zonas do país, caracterizado por un aroma herbáceo e floral con notas doces e un retrogusto intenso e orixinal.

Ademais da aposta pola calidade gourmet, Olea Atlántica tamén incorpora un forte compromiso ambiental. O proxecto desenvolve un modelo de produción artesá e respectuosa co medio ambiente, cunha baixa pegada de carbono e cun produto de proximidade. Pola súa composición rica en graxas insaturadas, este AOVE tamén ofrece beneficios cardiovasculares e propiedades antioxidantes.

A presentación incluíu tamén un obradoiro gastronómico dirixido polo cociñeiro Alberto Carou, no que o aceite foi o fío condutor de distintas elaboracións culinarias, tanto salgadas como doces. A degustación permitiu aos asistentes descubrir o perfil da primeira liña de produto da marca: Coupage Selección.

Olea Atlántica, con sede na Ría de Arousa, comercializa edicións limitadas baixo o selo de calidade “Runs AOVE Terra Galega”, en formatos de 250 e 500 mililitros. A marca está orientada tanto ao consumidor que busca produtos delicatessen como ao sector da alta restauración.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas