Técnicos de Augas de Galicia volverán desprazarse ata o edificio no marco da investigación aberta polo Goberno autonómico para esclarecer as súas causas. O Servizo de Gardacostas de Galicia desprazou á zona as auxiliares dos buques ‘Mar de Galicia’ e do ‘Sebastián de Ocampo’ que despregaron material de contaminación para conter a vertedura A Xunta […] Técnicos de Augas de Galicia volverán desprazarse ata o edificio no marco da investigación aberta polo Goberno autonómico para esclarecer as súas causas. O Servizo de Gardacostas de Galicia desprazou á zona as auxiliares dos buques ‘Mar de Galicia’ e do ‘Sebastián de Ocampo’ que despregaron material de contaminación para conter a vertedura A Xunta
Técnicos de Augas de Galicia volverán desprazarse ata o edificio no marco da investigación aberta polo Goberno autonómico para esclarecer as súas causas. O Servizo de Gardacostas de Galicia desprazou á zona as auxiliares dos buques ‘Mar de Galicia’ e do ‘Sebastián de Ocampo’ que despregaron material de contaminación para conter a vertedura
A Xunta xirará novas inspeccións por parte de Augas de Galicia e da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade ás instalacións da empresa Harinas del Atlántico S. A. (Hadasa), na Pobra do Caramiñal no marco da investigación conxunta aberta para determinar a causa do vertido ao mar detectado a pasada fin de semana na zona da Ribeiriña.
O organismo de conca ten identificado que a orixe deste episodio se localizou na contorna das instalacións, pertencentes á xa extinguida Hadasa e que permanecen en estado de abandono desde hai máis de dúas décadas.
Cómpre lembrar que técnicos de Augas de Galicia, acompañados de representantes de Protección Civil, Seprona e o Servizo de Gardacostas, realizaron unha primeira inspección in situ durante a pasada fin de semana. Logo das comprobacións, situouse o posible foco do derrame no sistema de tubaxes de carga dos antigos depósitos de gasóleo da fábrica. No momento de realizarse esta visita, non se apreciaba xa afección ao medio mariño, nin se observaron derrames activos.
Aínda que todo apunta a unha posible filtración, polo momento non se puido determinar exactamente a orixe do vertido. Por este motivo, a maiores, está previsto realizar unha nova inspección no marco da investigación aberta para esclarecer a causa do episodio contaminante, atallar o derrame e depurar posibles responsabilidades.
Augas de Galicia notificou xa as dilixencias derivadas do vertido ao Concello da Pobra do Caramiñal o pasado martes e unha vez se complete a nova inspección prevista ás instalacións e se dispoña das correspondentes actas, remitiranse tamén aos efectos oportunos. Ademais, os técnicos do organismo hidráulico realizarán un seguimento da situación ata que remita o vertido.
A maiores, desde a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, dependente tamén da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, acordouse facer unha visita á antiga fábrica por parte do servizo de inspección ambiental.
Pola súa banda, o Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, desprazou as auxiliares dos buques Mar de Galicia e Sebastián de Ocampo, que realizaron traballos de abatemento mecánico e trasladaron material para combater a contaminación á zona, despregando unha barreira absorbente con faldón para limitar a expansión da vertedura e está previsto que se engadan máis este xoves.
Barbanza-Arousa | O Barbanza