Os alcaldes dos concellos de Barbanza-Arousa (os municipios de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira) veñen de manifestar o seu apoio á proposta do Concello de Ames para traballar a prol da liberalización gradual da Autoestrada do Atlántico a través dunha mesa de traballo na que participen tanto o Ministerio de Transportes e […] Os alcaldes dos concellos de Barbanza-Arousa (os municipios de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira) veñen de manifestar o seu apoio á proposta do Concello de Ames para traballar a prol da liberalización gradual da Autoestrada do Atlántico a través dunha mesa de traballo na que participen tanto o Ministerio de Transportes e
Os alcaldes dos concellos de Barbanza-Arousa (os municipios de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira) veñen de manifestar o seu apoio á proposta do Concello de Ames para traballar a prol da liberalización gradual da Autoestrada do Atlántico a través dunha mesa de traballo na que participen tanto o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible como os concellos afectados polas excesivas tarifas da AP-9 impostas por Audasa.
Os alcaldes lembran que a contorna sur do Barbanza conta na actualidade cunha infraestrutura de vital importancia en relación coa vertebración deste territorio, como é a AG-11. Porén, e a pesar de que esta articúlase practicamente como un ramal da AP-9, o custo das peaxes desta última, sinalan, “impide que para moitas das persoas usuarias se dea esa continuidade entre as dúas infraestruturas”, explican, engadindo que “malia os avances que supoñen as bonificacións agora en vigor (a gratuidade da viaxe de volta sumada á redución de até o 70% para as persoas usuarias recorrentes tanto en vehículos lixeiros como pesados), é preciso avanzar na gratuidade total da autoestrada, unha medida que debe ser adoptada xa para o caso de tramos estratéxicos como é o de Padrón – Santiago e que implicaría un importante pulo para os municipios de Barbanza-Arousa facilitando a conexión entre estes e a capital do país, así como con outras vías como a A-54”.
Moción política de urxencia para que o Goberno do Estado estableza a gratuidade do tramo de AP-9 Santiago – Padrón
O pleno de Ames aprobou o pasado 27 de novembro en sesión ordinaria a moción política de urxencia presentada polo Grupo Municipal Socialista para que o Goberno do Estado estableza a gratuidade do tramo de AP-9 Santiago – Padrón e facultou ao alcalde para cantas actuacións de trámite fosen necesarias para a mellor execución do acordado.
Do mesmo xeito actuaron as Corporacións dos concellos de Santiago, Padrón, e de outros concellos ao longo da xeografía galega con distintos tramos.
Barbanza-Arousa | O Barbanza