Os Concellos de Boiro e Rianxo xuntaron forzas para demandar á Xunta de Galicia a construción de residencias públicas da terceira idade nos dous municipios. Os alcaldes de Boiro, José Ramón Romero, e Rianxo, Julián Bustelo, alíanse para facer esta solicitude conxunta logo do anuncio do presidente no marco do Debate do Estado de Autonomía. […] Os Concellos de Boiro e Rianxo xuntaron forzas para demandar á Xunta de Galicia a construción de residencias públicas da terceira idade nos dous municipios. Os alcaldes de Boiro, José Ramón Romero, e Rianxo, Julián Bustelo, alíanse para facer esta solicitude conxunta logo do anuncio do presidente no marco do Debate do Estado de Autonomía.
Os Concellos de Boiro e Rianxo xuntaron forzas para demandar á Xunta de Galicia a construción de residencias públicas da terceira idade nos dous municipios. Os alcaldes de Boiro, José Ramón Romero, e Rianxo, Julián Bustelo, alíanse para facer esta solicitude conxunta logo do anuncio do presidente no marco do Debate do Estado de Autonomía.

Lembraron que o pasado mércores Alfonso Rueda anunciou o plan do Goberno autonómico para construír 24 residencias de maiores que sumarán 1800 prazas públicas en concellos de menos de 50.000 habitantes. Estas residencias faranse por parellas de concellos limítrofes nos que se construirá unha residencia de 120 prazas no de maior numero de habitantes e outra de 30 prazas no de menos habitantes.
É por iso que os Concellos de Boiro e Rianxo, nos que non existe ningunha residencia da terceira idade, iniciouse a solicitude dunha xuntanza conxunta entre os dous alcaldes e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para “presentarlle o traballo que temos feito cada un dos Concellos no relativo á creación de residencias da terceira idade”, afirmou o alcalde de Boiro.
No caso de Boiro os terreos a disposición atópanse no Plan Parcial de Barraña, unha finca de 5.670 metros cadrados, ao lado de unha de 3.979 destinada a zona verde, e tamén conta cun anteproxecto xa realizado. Tamén en Rianxo contan con terreos a disposición na zona de Rianxiño, e ambos os dous Concellos poñen en mans da Xunta de Galicia todo o traballo realizado neste senso para aumentar as prazas de residencias públicas na comarca.
“Entre os dous Concellos sumamos 30.000 habitantes, 2.300 deles maiores, e en ningún dos dous hai algún tipo de residencia para a terceira idade”, recoñeceu o alcalde de Rianxo que falou da importancia de “irnos adiantando a esa necesidade de servizos que cada vez son máis necesarios na nosa sociedade”.
Barbanza-Arousa | O Barbanza