Os empresarios de Ribeira celebran este mércores o sorteo dos seus premios de Nadal

A Asociación de Empresarios de Ribeira sorteará este mércores 9 de xaneiro, ás 11.00 horas no local da patronal sito na rúa Rosalía de Castro, os premios da súa Campaña de Nadal edición 2024-2025. Os premios teñen unha contía total de 5.000 euros, para repartir en vales de compra que deberán ser investidos no comercio […] A Asociación de Empresarios de Ribeira sorteará este mércores 9 de xaneiro, ás 11.00 horas no local da patronal sito na rúa Rosalía de Castro, os premios da súa Campaña de Nadal edición 2024-2025. Os premios teñen unha contía total de 5.000 euros, para repartir en vales de compra que deberán ser investidos no comercio  

A Asociación de Empresarios de Ribeira sorteará este mércores 9 de xaneiro, ás 11.00 horas no local da patronal sito na rúa Rosalía de Castro, os premios da súa Campaña de Nadal edición 2024-2025. Os premios teñen unha contía total de 5.000 euros, para repartir en vales de compra que deberán ser investidos no comercio local. Estarán presentes o presidente da asociación Francisco Martínez Gude, e representantes da Corporación municipal do Concello de Ribeira, xunto coa notaria de Ribeira Mª Covadonga Vázquez. O acto é público,e pode asistir calquera persoa interesada.

Os premios forman parte da Campaña de Nadal da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos de Ribeira, que ten o obxectivo de “motivar as compras nos establecementos do termo municipal e premiar a fidelidade do cliente”, obsequiándoo con boletos que lle darán opción a gañar os premios do sorteo.

Os premios que se sortearán son 5.000 euros en vales de compra repartidos en 51 premios da seguinte maneira:

1-Tres vales de compra por importe de 300 euros.

2-Seis vales de compra por importe de 250 euros

3-Dez vales de compra por importe de 100 euros

4-Trinta e dous vales de compra por importe de 50 euros.

Cada establecemento comercial colaborador obsequiará aos seus clientes cun boleto por cada 10 euros de compra.

O sistema do sorteo será por extracción de rifas da urna onde estarán depositadas tódalas matrices das rifas que participan no sorteo. Cada establecemento participante poderá entregar como máximo un premio de vale de compra, conseguíndose así que 51 establecementos repartan premios, a maiores do gran regalo da viaxe, que poderá tocar en calquera negocio participante. Non se terá está consideración no caso das rifas suplentes, que poderán ser de calquera establecemento participante.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas