Os empresarios de Ribeira sortearán dúas ceas para dúas persoas valoradas en 100 euros con motivo da Campaña de San Valentín

A Asociación de Empresarios de Ribeira presentou este venres 31 de xaneiro os detalles da edición 2025 da súa Campaña de San Valentín, coa que se pretende (novamente) poñer o foco nas moitas posibilidades que ofrece o comercio local para satisfacer a demanda de agasallos do 14 de febreiro. Así, a patronal puxo en marcha […] A Asociación de Empresarios de Ribeira presentou este venres 31 de xaneiro os detalles da edición 2025 da súa Campaña de San Valentín, coa que se pretende (novamente) poñer o foco nas moitas posibilidades que ofrece o comercio local para satisfacer a demanda de agasallos do 14 de febreiro. Así, a patronal puxo en marcha  

A Asociación de Empresarios de Ribeira presentou este venres 31 de xaneiro os detalles da edición 2025 da súa Campaña de San Valentín, coa que se pretende (novamente) poñer o foco nas moitas posibilidades que ofrece o comercio local para satisfacer a demanda de agasallos do 14 de febreiro. Así, a patronal puxo en marcha un sorteo dirixido a tódolos clientes que merquen e consuman nos establecementos asociados. O obxectivo concreto e fundamental da campaña é “incrementar as vendas e incentivar o consumo no pequeno comercio retallista e hostalería de Ribeira”. A promoción realizarase entre as compras e consumicións feitas desde o día 1 ao 14 de febreiro de 2025

A forma de participar será mercando e consumindo en calquera establecemento asociado, e logo os clientes deberán rexistrar o seus tíckets de compra na páxina web da Asociación de Empresarios.

O sorteo realizarase o luns 17 de febreiro ás 13:00h no local da Asociación de Empresarios.

A patronal agasallará aos clientes que aposten polos comercios de proximidade con dúas ceas para dúas persoas valoradas en 100€ cada unha para gastar nos establecementos de restauración socios. A data límite para gastar os premios será o 30 de abril de 2025

A campaña está financiada pola Xunta de Galicia.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas