Os empresarios de Ribeira sortearán este Nadal 5.000 euros en vales de compra

A Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos de Ribeira, no marco das súas accións directamente encamiñadas a fomentar o comercio local, organiza no concello a Campaña de Nadal 2024-2025, quen ten a finalidade de “motivar as compras nos establecementos do termo municipal e premiar a fidelidade do cliente”, obsequiándoo con boletos que lle darán […] A Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos de Ribeira, no marco das súas accións directamente encamiñadas a fomentar o comercio local, organiza no concello a Campaña de Nadal 2024-2025, quen ten a finalidade de “motivar as compras nos establecementos do termo municipal e premiar a fidelidade do cliente”, obsequiándoo con boletos que lle darán  

A Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos de Ribeira, no marco das súas accións directamente encamiñadas a fomentar o comercio local, organiza no concello a Campaña de Nadal 2024-2025, quen ten a finalidade de “motivar as compras nos establecementos do termo municipal e premiar a fidelidade do cliente”, obsequiándoo con boletos que lle darán opción a gañar os premios do sorteo. Os detalles da campaña foron dados a coñecer este venres 29 de novembro polo presidente da patronal, Francisco Martínez Gude, acompañado do alcalde, Luís Pérez Barral, e os concelleiros Vicente Mariño e Veva Betanzos.

A promoción celebrarase entre os días 2 de decembro de 2024 e o 6 de xaneiro de 2025, inclusive.

Os premios que se sortearán son 5.000 euros en vales de compra repartidos en 51 premios da seguinte maneira:

1-Tres vales de compra por importe de 300 euros.

2-Seis vales de compra por importe de 250 euros

3-Dez vales de compra por importe de 100 euros

4-Trinta e dous vales de compra por importe de 50 euros.

Cada establecemento comercial colaborador obsequiará aos seus clientes cun boleto por cada 10 euros de compra.

O sorteo terá lugar nun acto público o día 8 de xaneiro de 2.025 ás 11.00 horas, ante notario, no local social da Asociación de Empresarios. O sistema será por extracción de rifas da urna onde estarán depositadas tódalas matrices das rifas que participan no sorteo. Cada establecemento participante poderá entregar como máximo un premio de vale de compra, conseguíndose así que 51 establecementos repartan premios, a maiores do gran regalo da viaxe, que poderá tocar en calquera negocio participante. Non se terá está consideración no caso das rifas suplentes, que poderán ser de calquera establecemento participante.

As bases do sorteo estarán depositadas na notaría de Ribeira e expostas ao público no taboleiro de anuncios do local da patronal, na rúa Rosalía de Castro, na páxina www.empresariosriveira.com, e en todos os establecementos comerciais participantes, durante o período de duración da campaña.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas