A Asociación de Empresarios de Ribeira compartiu no seu Facebook o listado de números premiados e suplentes da súa Campaña de Nadal. Fíxoo logo do sorteo de premios da Campaña efectuado na súa sede, este mércores 8 de xaneiro. Os premios teñen unha contía total de 5.000 euros, para repartir en vales de compra que […] A Asociación de Empresarios de Ribeira compartiu no seu Facebook o listado de números premiados e suplentes da súa Campaña de Nadal. Fíxoo logo do sorteo de premios da Campaña efectuado na súa sede, este mércores 8 de xaneiro. Os premios teñen unha contía total de 5.000 euros, para repartir en vales de compra que
A Asociación de Empresarios de Ribeira compartiu no seu Facebook o listado de números premiados e suplentes da súa Campaña de Nadal. Fíxoo logo do sorteo de premios da Campaña efectuado na súa sede, este mércores 8 de xaneiro. Os premios teñen unha contía total de 5.000 euros, para repartir en vales de compra que deberán ser investidos no comercio local. Estiveron presentes no sorteo o presidente da asociación Francisco Martínez Gude, e representantes da Corporación municipal do Concello de Ribeira, xunto coa notaria de Ribeira Mª Covadonga Vázquez.
Na cita a patronal lembrou que as persoas agraciadas deben presentarse no local da Asociación co boleto premiado antes das 15:00h do 31 de xaneiro de 2025, e os suplentes antes das 19.30h do 10 de febreiro de 2025.
Os premios forman parte da Campaña de Nadal da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos de Ribeira, que ten o obxectivo de “motivar as compras nos establecementos do termo municipal e premiar a fidelidade do cliente”, obsequiándoo con boletos que lle darán opción a gañar os premios do sorteo.
Os premios que se sortearon son 5.000 euros en vales de compra repartidos en 51 premios.
Barbanza-Arousa | O Barbanza