Os populares de Ribeira piden melloras de mantemento no lavadoiro de Portochouzo e no río Sanchanás

O PP de Ribeira, a través do concelleiro Eladio Muñiz Muñiz, presentou para ser tratada en pleno unha pregunta dirixida a coñecer a posibilidade de levar a cabo melloras no lavadoiro de Portochouzo e o seu entorno, a carón do río Arlés-Sanchanás. Segundo fai saber a agrupación, o pasado día 12 do mes en curso, […] O PP de Ribeira, a través do concelleiro Eladio Muñiz Muñiz, presentou para ser tratada en pleno unha pregunta dirixida a coñecer a posibilidade de levar a cabo melloras no lavadoiro de Portochouzo e o seu entorno, a carón do río Arlés-Sanchanás. Segundo fai saber a agrupación, o pasado día 12 do mes en curso,  

O PP de Ribeira, a través do concelleiro Eladio Muñiz Muñiz, presentou para ser tratada en pleno unha pregunta dirixida a coñecer a posibilidade de levar a cabo melloras no lavadoiro de Portochouzo e o seu entorno, a carón do río Arlés-Sanchanás.

Segundo fai saber a agrupación, o pasado día 12 do mes en curso, acudiron ao lavadoiro de Portochouzo, na parroquia de Oleiros, operarios municipais acompañados por persoal da empresa concesionaria Viaqua para proceder á limpeza do lavadoiro e recuperar o seu estado natural de auga.

Estes traballos, se ben son benvidos pola agrupación (pola importancia de conservar e reivindicar o patrimonio), foron incompletos, sinalan, xa que “uns metros máis abaixo, ao outro lado da ponte, podemos ver como o curso do río está totalmente atrancado pola maleza e polas ponlas e as raíces que quedarán obstruídas despois da chea das últimas choivas”.

Por todo o exposto o PP formula as seguintes preguntas:

-“Vaise proceder á limpeza do río, a lo menos nas zonas de risco de desbordamento?

-“Observaron vostedes o estado do tellado do lavadoiro?” Pensan proceder a retellalo?

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas