O Concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta Colomer, desprazouse este martes 4 de marzo persoalmente ao repetidor de San Alberto para supervisar os traballos de reparación realizados no equipo repetidor de sinais de TV. Durante a súa visita, detectáronse dous problemas técnicos que afectaban á calidade do sinal en diferentes canles no múltiplex MAUT, que […] O Concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta Colomer, desprazouse este martes 4 de marzo persoalmente ao repetidor de San Alberto para supervisar os traballos de reparación realizados no equipo repetidor de sinais de TV. Durante a súa visita, detectáronse dous problemas técnicos que afectaban á calidade do sinal en diferentes canles no múltiplex MAUT, que

O Concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta Colomer, desprazouse este martes 4 de marzo persoalmente ao repetidor de San Alberto para supervisar os traballos de reparación realizados no equipo repetidor de sinais de TV. Durante a súa visita, detectáronse dous problemas técnicos que afectaban á calidade do sinal en diferentes canles no múltiplex MAUT, que afectaba principalmente ao sinal da TVG, a pesar de que a potencia era adecuada. O problema foi identificado como unha avaría no módulo procesador, que prexudicaba os niveis de calidade do sinal (MER e CBER).
Os técnicos traballaron para substituír o módulo procesador e pór un de reserva, e logo de axustar os parámetros o sinal volveu aos niveis normais de funcionamento tendo en conta as limitacións técnicas do reemisor.
O edil sinalou que o Concello segue a traballar para reparar de forma definitiva a avaría no equipo.
Incidencia no manguito de control entre os módulos e no módulo amplificador
Outro problema detectado provocaba unha baixa potencia no sinal das canles C36, principalmente A3. Tras unha revisión o fallo foi localizado no manguito de control entre os módulos e no módulo amplificador. O equipo técnico cambiou ambos compoñentes e logo de realizar probas de recepción en campo, confirmaron que o sinal volvía funcionar correctamente.
O concelleiro Francisco Suárez-Puerta pediu desculpas aos veciños afectados pola interrupción no servizo. “Comprendemos as molestias que esta situación puido causar e lamentamos os inconvenientes. Estamos facendo todo o posíbel para garantir que esta situación non se repita no futuro e que os veciños teñan os servizos que merecen”, comentou Suárez-Puerta.
O Concello seguirá monitorizando o repetidor e manterá informados os veciños sobre calquera actualización ou nova actuación que se realice
relacionada co mantemento deste servizo.
Barbanza-Arousa | O Barbanza