Juan Caballero (fotos e texto). O Club Náutico Deportivo Ribeira, baixo o patrocinio da empresa CONGALSA, organizou unha nova edición da Volta a Sálvora, un clásico das regatas da comarca do Barbanza na que se trazaron 17 millas náuticas cheas de aventura e agudeza na navegación, abordando a illa de norte a sur cunha compoñente […] Juan Caballero (fotos e texto). O Club Náutico Deportivo Ribeira, baixo o patrocinio da empresa CONGALSA, organizou unha nova edición da Volta a Sálvora, un clásico das regatas da comarca do Barbanza na que se trazaron 17 millas náuticas cheas de aventura e agudeza na navegación, abordando a illa de norte a sur cunha compoñente
Juan Caballero (fotos e texto). O Club Náutico Deportivo Ribeira, baixo o patrocinio da empresa CONGALSA, organizou unha nova edición da Volta a Sálvora, un clásico das regatas da comarca do Barbanza na que se trazaron 17 millas náuticas cheas de aventura e agudeza na navegación, abordando a illa de norte a sur cunha compoñente algo rolona, ao iniciar a regata cun vento do nordeste para cambiar a noroeste.
Esta XIV entrega da CONGALSA rexistrou un bo nivel de participación, tanto en número de barcos como en calidade, podendo o comité facer as tres divisións naturais da competición: Regata, Cruceiro/Regata e Cruceiro.
Peperetes, de José Manuel Millán, do Real Club de Regatas de Galicia, levou a Clase Regata, seguido de Chispetrén, de Jesús Iglesias, do Club Náutico Arousa Norte, sendo terceiro o Galopín, de Manuel Franco, do Club Náutico Deportivo de Ribeira.
En Cruceiro/Regata o vencedor foi o Mauritania, de Ángel Romasanta, do Arousa Norte, seguido no segundo banzo por Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, tamén baixo a mesma grímpola. Terceiro no podio foi o Piko Norte, de José Manuel Castro, do Club Náutico de Boiro.

Finalmente, a Clase Cruceiro estivo comandada polo Arousa VI, de José Luis Torres Colomer, presidente da entidade anfitrioa. A prata era para o Salut, de José Ignacio Salgado, Independente. E o bronce para o Piolín, de Manuel Castro-Gil, do Club Náutico Arousa Norte.

Trala regata e durante a degustación de produtos de CONGALSA, celebrouse a entrega de premios, coa asistencia do tenente de alcalde de Ribeira, Vicente Mariño; o conselleiro delegado de CONGALSA,, Julio Simarro; dona Mercedes Esplá, matriarca da familia Simarro-Esplá; Ana Garrido, xefa de Relacións Externas de CONGALSA; Marcos Sampedro, en representación de Portos de Galicia; Ángeles Cores, presidenta de Cruz Vermella de Ribeira; Puri Cores, presidenta das Amas de Casa de Ribeira; así como membros da xunta directiva do Club, encabezados polo seu presidente, José Luis Torres Colomer.

Barbanza-Arousa | O Barbanza