Piden 5 anos de cárcere para un ribeirense por tráfico de drogas reincidente

Un veciño de Ribeira enfróntase a unha petición de cinco anos de prisión por un presunto delito de tráfico de drogas, nun caso no que ademais se aprecia reincidencia. O xuízo está sinalado para este 15 de abril na Audiencia Provincial da Coruña, onde a Fiscalía solicitará tamén unha multa de 1.600 euros, así como […]
O artigo Piden 5 anos de cárcere para un ribeirense por tráfico de drogas reincidente publicouse primeiro en O Barbanza. Un veciño de Ribeira enfróntase a unha petición de cinco anos de prisión por un presunto delito de tráfico de drogas, nun caso no que ademais se aprecia reincidencia. O xuízo está sinalado para este 15 de abril na Audiencia Provincial da Coruña, onde a Fiscalía solicitará tamén unha multa de 1.600 euros, así como
O artigo Piden 5 anos de cárcere para un ribeirense por tráfico de drogas reincidente publicouse primeiro en O Barbanza.  

Un veciño de Ribeira enfróntase a unha petición de cinco anos de prisión por un presunto delito de tráfico de drogas, nun caso no que ademais se aprecia reincidencia.

O xuízo está sinalado para este 15 de abril na Audiencia Provincial da Coruña, onde a Fiscalía solicitará tamén unha multa de 1.600 euros, así como a inhabilitación especial para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena.

Segundo o escrito de acusación, o procesado xa fora condenado previamente por un delito similar, polo que concorre a agravante de reincidencia. Os feitos polos que agora será xulgado remóntanse a maio do pasado ano, cando supostamente foi sorprendido en posesión de diversas substancias estupefacientes destinadas á súa distribución.

En concreto, os axentes incautáronlle cocaína de alta pureza, heroína e outras substancias preparadas para a súa venda en pequenas doses, así como diñeiro en efectivo procedente, presuntamente, da actividade delituosa.

O Ministerio Fiscal considera que os feitos constitúen un delito contra a saúde pública na modalidade de tráfico de drogas que causan grave dano, polo que solicita a correspondente condena de prisión.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas