Presentado en Corrubedo (Ribeira) o 1º museo virtual dun parque natural galego

A Consellería de Medio Ambiente presentou este martes 10 de marzo o que sería o primeiro museo virtual dun parque natural galego, cuxo obxectivo é “achegar o patrimonio ambiental e cultural á cidadanía a través de espazos dixitais interactivos”. Segundo dixo a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, na presentación celebrada no Parque Natural […] A Consellería de Medio Ambiente presentou este martes 10 de marzo o que sería o primeiro museo virtual dun parque natural galego, cuxo obxectivo é “achegar o patrimonio ambiental e cultural á cidadanía a través de espazos dixitais interactivos”. Segundo dixo a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, na presentación celebrada no Parque Natural  

A Consellería de Medio Ambiente presentou este martes 10 de marzo o que sería o primeiro museo virtual dun parque natural galego, cuxo obxectivo é “achegar o patrimonio ambiental e cultural á cidadanía a través de espazos dixitais interactivos”.

Segundo dixo a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, na presentación celebrada no Parque Natural das Dunas de Corrubedo e as Lagoas de Carregal e Vixán, o obxectivo desta iniciativa é permitir “visitar e explorar este espazo protexido desde calquera lugar, sen límites físicos e combinando divulgación científica, contidos culturais e unha experiencia visual inmersiva”.

“Os recursos audiovisuais, os percorridos guiados e os contidos interactivos permiten que o coñecemento sexa máis próximo, máis ameno e máis accesíbel para todos os públicos”, engadiu Marisol Díaz.

A través desta iniciativa, que se enmarca no proxecto Patrimonio natural e cultural de Galicia: do territorio ao museo virtual, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático busca que a”s persoas usuarias poidan percorrer as paisaxes do parque, coñecer as especies e os hábitats máis representativos, descubrir a historia do territorio e comprender mellor como se formaron eses espazos e por que son tan valiosos”.

A directora xeral, logo de avanzar que xa se está a traballar no deseño do museo virtual do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, fixo fincapé na importancia da tecnoloxía para divulgar o coñecemento e poñer en valor o patrimonio ambiental e cultural de Galicia.

“Estes museos virtuais contribuirán a espertar a curiosidade; a animar a coñecer, respectar e valorar a riqueza ambiental da Comunidade; a sensibilizar sobre a importancia da súa conservación, e a fortalecer o vínculo entre a sociedade galega e os seus parques naturais”, concluíu a directora xeral.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas