Este venres 10 de abril proseguen en Rianxo os recitais do Ciclo Primavera (Concertos de Música Clásica), que se celebran dende marzo a maio cun total de 6 propostas musicais, a celebrar na sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Logo da actuación da pianista boirense Elsa Muñiz o pasado 27 de marzo (Pianotelling […]
O artigo Prosegue en Rianxo o Ciclo Primavera este 10 de abril cun concerto de Dúo Viraxe publicouse primeiro en O Barbanza. Este venres 10 de abril proseguen en Rianxo os recitais do Ciclo Primavera (Concertos de Música Clásica), que se celebran dende marzo a maio cun total de 6 propostas musicais, a celebrar na sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Logo da actuación da pianista boirense Elsa Muñiz o pasado 27 de marzo (Pianotelling
O artigo Prosegue en Rianxo o Ciclo Primavera este 10 de abril cun concerto de Dúo Viraxe publicouse primeiro en O Barbanza.

Este venres 10 de abril proseguen en Rianxo os recitais do Ciclo Primavera (Concertos de Música Clásica), que se celebran dende marzo a maio cun total de 6 propostas musicais, a celebrar na sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo.
Logo da actuación da pianista boirense Elsa Muñiz o pasado 27 de marzo (Pianotelling e New Beginnings) agora é a quenda do Dúo Viraxe, formado por Félix Rodríguez (bombardino) e Magdalena Argibay (piano). Actuarán ás 20:30 horas no Auditorio. A entrada será de balde (con convites desde 1 hora antes, máximo 2 por persoa).
O programa prosegue o 24 de abril co Cuarteto MarAslens. Esperanza Mara (voz e chelo), Juanma Varela (piano), Fernando Docampo (violín e instrumentos de sopro) e Luís Sanmartín (percusión e batería).
O 25 de abril será a quenda do Orfeón Terra A Nosa (concerto do 60 aniversario).
O 8 de maio actuará o Dúo Aira. Aitana Alcalde (fagot) e Aldara Muíños (clarinete).
O ciclo remata o 23 de maio co Lucus Ensemble e Percorrendo Castelao.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
