Prosperan no pleno da Pobra mocións para evitar máis vertidos na Ribeiriña e contra a apertura da mina de Touro

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada do 30 de xaneiro, ás 19.00 horas, a sesión ordinaria do pleno da Corporación. A sesión saldouse con acordos relevantes para o concello, a cidadanía e os recursos naturais do municipio, como unha moción do PP para a limpeza e mantemento dos […] O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada do 30 de xaneiro, ás 19.00 horas, a sesión ordinaria do pleno da Corporación. A sesión saldouse con acordos relevantes para o concello, a cidadanía e os recursos naturais do municipio, como unha moción do PP para a limpeza e mantemento dos  

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada do 30 de xaneiro, ás 19.00 horas, a sesión ordinaria do pleno da Corporación. A sesión saldouse con acordos relevantes para o concello, a cidadanía e os recursos naturais do municipio, como unha moción do PP para a limpeza e mantemento dos ríos (que provocaron danos materiais importantes os días pasados motivados polas intensas chuvias) ou a proposta da mesma agrupación dirixida a mobilizar recursos para impedir novos vertidos contaminantes na Ribeiriña. Asemade, foi aprobada unha iniciativa do BNG para mostrar á Xunta o rexeitamento do Concello de cara á posíbel reapertura da mina de Touro, que, tal e como advirten os informes científicos, podería agravar a contaminación da ría de Arousa e reducir aínda máis as producións pesqueiras e marisqueiras.

A orde do día foi a que figura a seguir:

1 Aprobación actas anteriores (28 de novembro de 2024, 19 de decembro de 2024 e 14 de xaneiro de 2025).

2 Dar conta de decretos da Alcaldía e asuntos varios.

3 Proposta periodicidade das sesións plenarias. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).

4 Proposta-Informe alegacións modificación do ROM. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).

5 Proposta acordo plenario REC 01-25. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 abstencións (PP).

6 Proposta Alcaldía POS 2025. Aprobada con 5 votos a favor (Nós Pobra, PSdeG-PSOE e VIxP) e 8 abstencións (BNG e PP).

7 Moción do grupo municipal BNG relativa á celebración do Ano Castelao. Denegada ao contar con 2 votos a favor (BNG), 6 en contra (PP) e 5 abstencións (Nós Pobra, PSdeG-PSOE e VIxP).

8 Moción do grupo municipal do PP relativa á limpeza e acondicionamento dos ríos. Aprobada por unanimidade a emenda de engádega presentada polo goberno municipal. Aprobada por unanimidade a moción emendada.

9 Moción do grupo municipal PP relativa ao vertido de hidrocarburo na Ribeiriña. Aprobada por unanimidade a emenda de engádega presentada polo goberno municipal. Aprobada por unanimidade a moción emendada.

10 Moción do grupo municipal do BNG relativa ao proxecto de apertura da explotación mineira de Touro e O Pino. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).

Deseguido, abordouse a quenda de rogos e preguntas. Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñíbel na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas