A contadora e escritora Raquel Queizás vai estar novamente en Boiro para achegar un espectáculo con obxectos e con monicreques para toda a familia: A maleta da mestra. Será este venres 31 de xullo ás 21.00 horas no marco da Romaría de Exipto. A maleta da mestra permitiranos viaxar no tempo ás escolas da década […]
O artigo Raquel Queizás estará este venres en Exipto co espectáculo familiar “A maleta da mestra” publicouse primeiro en O Barbanza. A contadora e escritora Raquel Queizás vai estar novamente en Boiro para achegar un espectáculo con obxectos e con monicreques para toda a familia: A maleta da mestra. Será este venres 31 de xullo ás 21.00 horas no marco da Romaría de Exipto. A maleta da mestra permitiranos viaxar no tempo ás escolas da década
O artigo Raquel Queizás estará este venres en Exipto co espectáculo familiar “A maleta da mestra” publicouse primeiro en O Barbanza.

A contadora e escritora Raquel Queizás vai estar novamente en Boiro para achegar un espectáculo con obxectos e con monicreques para toda a familia: A maleta da mestra. Será este venres 31 de xullo ás 21.00 horas no marco da Romaría de Exipto.
A maleta da mestra permitiranos viaxar no tempo ás escolas da década de 1930 en Galicia para coñecer á mestra “Pisapouquiño”. Unha mestra diferente: dá abrazos e non vareadas, pide ás nenas que veñan á escola, permite e fomenta a fala en galego, ensina con fábulas, adiviñas, trabalinguas e baile! Mesmo ten unha gansa para vixiar a escola e dar de xantar ovos á cativada.
Sen aprender sobre a represión que sufriu a lingua galega, é imposible entender o contexto do galego actual. Ser galega é unha forma de vida, unha maneira de existir no mundo.
Dirección e interpretación: Raquel Queizás
Cartel: Aldara Piñeiro
Duración: 50 minutos (30 minutos de montaxe)
Público: nenas e nenos desde 3 anos e familias
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
