O home que permanecía hospitalizado en Santiago a causa da pelexa do pasado martes no Centro Recreativo de Artes, en Ribeira , recibiu a alta médica este xoves. Así o confirmaron fontes do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. O ferido fora trasladado en helicóptero medicalizado debido á gravidade das feridas sufridas durante a liorta entre […] O home que permanecía hospitalizado en Santiago a causa da pelexa do pasado martes no Centro Recreativo de Artes, en Ribeira , recibiu a alta médica este xoves. Así o confirmaron fontes do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. O ferido fora trasladado en helicóptero medicalizado debido á gravidade das feridas sufridas durante a liorta entre
O home que permanecía hospitalizado en Santiago a causa da pelexa do pasado martes no Centro Recreativo de Artes, en Ribeira , recibiu a alta médica este xoves. Así o confirmaron fontes do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
O ferido fora trasladado en helicóptero medicalizado debido á gravidade das feridas sufridas durante a liorta entre dúas familias que celebraban unha pedida de man e que rematou cun falecido e seis persoas detidas.
O delegado do Goberno di que non se descartan máis detencións en relación con estes feitos. Os vídeos difundidos en redes sociais están a facilitar a identificación doutras persoas implicadas na pelexa.
Os seis arrestados pasarán a disposición do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ribeira, aínda que por motivos de seguridade non se fixo pública a data concreta.

Barbanza-Arousa | O Barbanza