A patronal boirense (ABE) informou do remate da súa Campaña de Nadal 2024-2025, unha nova edición que, segundo resaltou a asociación empresarial, acadou récord de participación. Así quedou de manifestou nos últimos sorteos da Campaña levados a cabo na sede da entidade, correspondentes aos días 3, 4 e 5 de xaneiro de 2025. Nun plano […] A patronal boirense (ABE) informou do remate da súa Campaña de Nadal 2024-2025, unha nova edición que, segundo resaltou a asociación empresarial, acadou récord de participación. Así quedou de manifestou nos últimos sorteos da Campaña levados a cabo na sede da entidade, correspondentes aos días 3, 4 e 5 de xaneiro de 2025. Nun plano
A patronal boirense (ABE) informou do remate da súa Campaña de Nadal 2024-2025, unha nova edición que, segundo resaltou a asociación empresarial, acadou récord de participación. Así quedou de manifestou nos últimos sorteos da Campaña levados a cabo na sede da entidade, correspondentes aos días 3, 4 e 5 de xaneiro de 2025. Nun plano máis detallado, a ABE informou que no mes que durou a campaña rexistráronse na web da asociación (www.abe.gal) 6.822 tíckets e facturas e o sábado 4 de xaneiro bateuse o récord de rexistros nun so día con 565.
Así, as 6.822 compras rexistradas supoñen o récord absoluto de todas as campañas realizadas ata este momento superando en case 2.000 aos rexistrados na campaña do pasado ano desenvolvida nestas mesmas datas. A ABE aproveitou para dar os parabéns a todas as empresas asociadas “pola difusión e participación na campaña” e destacou a boa acollida dos clientes tanto da campaña como do sistema de rexistros de tíckets online polo que a ABE ben apostando nos últimos anos e que xa conta con 4.017 usuarios activos (que este ano rexistraron 33.885 tickets de compra dos 207 negocios asociados).
Premios e premiados
Os tres últimos bonos de 100€ recaeron en Sara Paz (Electrodomésticos Otero), Alicia Romero (Cetarea Angel Mar) e Romina Porto (A Terraza do Furancho) que os poderán gastar sen caducidade en calquera dos 207 negocios asociados a ABE.
Sorteo de 3 festas de aniversario
Ademais sorteáronse 3 festas de aniversario valoradas en 100€ cada unha entre os centos de cartas que os cativos de Boiro depositaron na caixa de correos real.
Os gañadores foron:
Leo Alonso ( 9 anos)
Marcos (9 anos)
Daniela (4 anos)
Podemos consultar na Rede o listado completo de persoas premiadas.
Acto de entrega de premios
O acto de entrega de todos os premios será este venres 10 de xaneiro ás 13:45 na ABE e contarase coa presenza do director xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, que ademais de participar na entrega dos premios aproveitará para conversar cos comerciantes asociados sobre as liñas de axuda que a Xunta vai a publicar este ano. Ao acto de entrega de premios están convidadas todas as empresas socias da ABE e os comercios que deron algún premio serán os encargados de entregarllo ao cliente. Ao remate servirase un pincho e un viño.
Barbanza-Arousa | O Barbanza