Remata na Pobra a campaña de Nadal de Abastos sete novos premios

A campaña comercial orientada ao Mercado Municipal baixo o lema Volta o Nadal, voltan as Caramiñas finaliza tralo sorteo do importe da cea de fin de ano. Desta vez, Alba Fernández, propietaria dun negocio local de moda, foi a encargada de extraer da urna os sete novos boletos gañadores: un primeiro de 400 euros, dous […] A campaña comercial orientada ao Mercado Municipal baixo o lema Volta o Nadal, voltan as Caramiñas finaliza tralo sorteo do importe da cea de fin de ano. Desta vez, Alba Fernández, propietaria dun negocio local de moda, foi a encargada de extraer da urna os sete novos boletos gañadores: un primeiro de 400 euros, dous  

A campaña comercial orientada ao Mercado Municipal baixo o lema Volta o Nadal, voltan as Caramiñas finaliza tralo sorteo do importe da cea de fin de ano. Desta vez, Alba Fernández, propietaria dun negocio local de moda, foi a encargada de extraer da urna os sete novos boletos gañadores: un primeiro de 400 euros, dous segundos de 200 euros e catro terceiros de 100 euros.

Os premios foron parar a Fernando Codesido Mosquera (primeiro), Josefa Domínguez Rodríguez (segundo), Eva Vizcaya Fernández (segundo), Manuela Vázquez Martínez (terceiro), Pilar Lojo García (terceiro), Milagros Vázquez Fernández (terceiro) e Montserrat Gago González (terceiro). Fixo entrega dos vales/caramiñas a concelleira da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal, Amparo Cerecedo, quen valora “moi positivamente” o resultado desta acción ao rexistrarse “unha alta participación”. Poderán agora trocar estes bonos por produtos no propio mercado municipal ata o día 31.

A Concellaría da Promoción Económica decidiu apostar novamente por esta iniciativa encamiñada a “incentivar as compras no comercio local, fomentar o consumo de produto de proximidade e poñer en valor o traballo dos praceiros e das praceiras, ademais de ser unha forma de agasallar a fidelidade da veciñanza que merca aquí e atraer a potenciais clientes”, afirma a edil.

Repartíronse así un total de 2.400 euros entre o sorteo do importe da cea de Noiteboa e a de fin de ano.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas