Esta fin de semana, os días 2 e 3 de agosto, Rianxo rende tributo a un dos seus produtos estrela cunha nova edición (a XIV) da Festa do Mexillón. Esta importante cita gastronómica, cultural e turística vén da man da Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón de Rianxo e o Club de Remo […] Esta fin de semana, os días 2 e 3 de agosto, Rianxo rende tributo a un dos seus produtos estrela cunha nova edición (a XIV) da Festa do Mexillón. Esta importante cita gastronómica, cultural e turística vén da man da Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón de Rianxo e o Club de Remo
Esta fin de semana, os días 2 e 3 de agosto, Rianxo rende tributo a un dos seus produtos estrela cunha nova edición (a XIV) da Festa do Mexillón. Esta importante cita gastronómica, cultural e turística vén da man da Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón de Rianxo e o Club de Remo local, coa colaboración do Concello. As xornadas contarán con actividades durante toda a fin de semana. Haberá ruadas con música tradicional, degustacións, actividades para a rapazada, actuacións musicais e, na segunda das xornadas, un xantar mariñeiro (con sete formas diferentes de preparar o mexillón) co que poñer o colofón á festa. Ás 13.00 horas do domingo está prevista, tamén, a recepción oficial de autoridades.

Barbanza-Arousa | O Barbanza