Este sábado 3 de maio pola tarde, a partir das 18.00 horas, vaise celebrar no Auditorio de Rianxo (Sala Arcos Moldes) o certame TR3S PRA’3, Festival Infantil de Música e Baile Tradicional. Participarán as seguintes agrupacións: o Grupo de Baile e Gaitas Santaia (Santa Cruz de Oleiros), o grupo de baile e música da Escola […] Este sábado 3 de maio pola tarde, a partir das 18.00 horas, vaise celebrar no Auditorio de Rianxo (Sala Arcos Moldes) o certame TR3S PRA’3, Festival Infantil de Música e Baile Tradicional. Participarán as seguintes agrupacións: o Grupo de Baile e Gaitas Santaia (Santa Cruz de Oleiros), o grupo de baile e música da Escola

Este sábado 3 de maio pola tarde, a partir das 18.00 horas, vaise celebrar no Auditorio de Rianxo (Sala Arcos Moldes) o certame TR3S PRA’3, Festival Infantil de Música e Baile Tradicional.
Participarán as seguintes agrupacións: o Grupo de Baile e Gaitas Santaia (Santa Cruz de Oleiros), o grupo de baile e música da Escola Tahume (Olveira, Ribeira) e a Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda (Rianxo).
Trátase dun encontro para celebrar a música e o baile tradicional galego, pensado especialmente para a cativada.
Organiza Vai de Roda coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña.
Máis información no Facebook de Vai de Roda.
Barbanza-Arousa | O Barbanza