O Concello de Rianxo impulsou esta tempada un proxecto para rehabilitar e garantir a accesibilidade do camiño da ruta das Tres Cruces, avanzando na posta en valor do patrimonio natural e cultural do esteiro do Ulla. A actuación conta cun investimento de 43.190€, IVE engadido, dos cales 38.877,30€ proveñen dunha axuda á que o Concello […] O Concello de Rianxo impulsou esta tempada un proxecto para rehabilitar e garantir a accesibilidade do camiño da ruta das Tres Cruces, avanzando na posta en valor do patrimonio natural e cultural do esteiro do Ulla. A actuación conta cun investimento de 43.190€, IVE engadido, dos cales 38.877,30€ proveñen dunha axuda á que o Concello
O Concello de Rianxo impulsou esta tempada un proxecto para rehabilitar e garantir a accesibilidade do camiño da ruta das Tres Cruces, avanzando na posta en valor do patrimonio natural e cultural do esteiro do Ulla.
A actuación conta cun investimento de 43.190€, IVE engadido, dos cales 38.877,30€ proveñen dunha axuda á que o Concello accedeu a través da liña de subvencións para o embelecemento do litoral convocadas por Turismo de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europeo NextGenerationEU.
O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, supervisou a semana pasada o inicio dos traballos de rehabilitación, que inclúen a mellora do camiño e, tamén, a recuperación das pasarelas de madeira.
As Tres Cruces son un conxunto de cruceiros situados na punta da Braña, na parroquia de Santa María de Isorna, que forma parte do Vía Crucis á beira do río Ulla. É un dos principais destinos dos sendeiristas que acoden ao concello de Rianxo.
Barbanza-Arousa | O Barbanza