Rianxo e Lousame acollen esta fin de semana unha xornada sobre xestión e control de plantas invasoras

O proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático (CAPRIF-CC) organiza esta fin de semana no Living Lab Barbanza-Ulla-Sar, concretamente en Rianxo e Lousame, unha xornada formativa sobre a xestión e o control de plantas exóticas e invasoras. Na xornada do sábado, a actividade formativa comezará ás 11.00 horas no local […] O proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático (CAPRIF-CC) organiza esta fin de semana no Living Lab Barbanza-Ulla-Sar, concretamente en Rianxo e Lousame, unha xornada formativa sobre a xestión e o control de plantas exóticas e invasoras. Na xornada do sábado, a actividade formativa comezará ás 11.00 horas no local  

A aldea de Froxán, en Lousame

O proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático (CAPRIF-CC) organiza esta fin de semana no Living Lab Barbanza-Ulla-Sar, concretamente en Rianxo e Lousame, unha xornada formativa sobre a xestión e o control de plantas exóticas e invasoras.

Na xornada do sábado, a actividade formativa comezará ás 11.00 horas no local social do Araño (Rianxo) coa presentación do proxecto CAPRIF-CC aos asistentes, dando paso ás 11.30 horas ao relatorio Especies de plantas invasoras: identificación e control, a cargo da experta Elizabete Marchante, da Universidade de Coimbra (Portugal).

Xa pola tarde, entre as 16.00 e as 20.00 horas, as persoas inscritas realizarán unha visita de campo polos montes da contorna para coñecer aplicacións prácticas da man de Elizabete Marchante e de representantes da Fundación Montescola.

Xa na xornada do domingo, os participantes desprazaranse ata o monte de Froxán (Lousame) para participar entre as 10.00 e as 14.00 horas nunha actividade de voluntariado para a eliminación de especies exóticas e invasoras.

O prazo para inscribirse nestas actividades permanecerá aberto ata este xoves día 3 de xullo, e as persoas interesadas poderán apuntarse en conxunto nas actividades de toda a fin de semana ou ben de xeito illado na formación do sábado pola mañá, na visita de campo do sábado pola tarde ou na actividade de voluntariado do domingo pola mañá. Para facelo, deberán cumprimentar os formularios existentes na páxina de actividades da web do proxecto CAPRIF-CC.

Esta xornada enmárcase nas actividades formativas que está a desenvolver o proxecto CAPRIF-CC, impulsado pola Fundación Juana de Vega, a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER), a Fundación Centro Tecnológico y Forestal de la Madera (CETEMAS), a Asociación Galega de Custodia do Territorio e a Fundación Montescola, e que conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea cos fondos NextGenerationEU.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas