Ribeira convoca o Consello Sectorial de Pesca para o 14 de marzo

O Concello de Ribeira, a través da Concellería de Mar que dirixe Fernando Abraldes, convocou para este venres 14 de marzo, o ConselloSectorial de Pesca. Os puntos a tratar na orde do día serán: a xestión de Portos mailo marisqueo.O Consello Sectorial de Pesca é un órgano colexiado onde está representado todo o sector do […] O Concello de Ribeira, a través da Concellería de Mar que dirixe Fernando Abraldes, convocou para este venres 14 de marzo, o ConselloSectorial de Pesca. Os puntos a tratar na orde do día serán: a xestión de Portos mailo marisqueo.O Consello Sectorial de Pesca é un órgano colexiado onde está representado todo o sector do  

O Concello de Ribeira, a través da Concellería de Mar que dirixe Fernando Abraldes, convocou para este venres 14 de marzo, o Consello
Sectorial de Pesca. Os puntos a tratar na orde do día serán: a xestión de Portos mailo marisqueo.O Consello Sectorial de Pesca é un órgano colexiado onde está representado todo o sector do mar do municipio e a anterior convocatoria celebrouse o pasado 12 de xaneiro do 2024.

Fernando Abraldes e Luís Pérez Barral nunha xuntanza de traballo recente en Portos de Galicia

O concelleiro de Mar, Fernando Abraldes manifestou que “un punto moi importante a tratar será o dragado do porto de Ribeira e Aguiño polos
constantes episodios de embarcacións que se quedan en seco”. Tamén se porá o foco no alumeado dos portos “sobre todo o de Ribeira que leva cinco meses sen luz e igual neste senso os portos das parroquias de Corrubedo, Castiñeiras, Palmeira e Aguiño”.

Por outra banda, tamén resaltou o problema do marisqueo e da escaseza de produto, facendo fincapé nas medidas ou a folla de ruta da Xunta para paliar e mitigar a mortaldade das especies.

O alcalde, Luís Pérez Barral, detallou que “dende o Concello de Ribeira seguimos comprometidos co desenvolvemento do sector pesqueiro e
marisqueiro, motor de económico da cidade”. Engadiu que o Consello Sectorial de Pesca será “unha oportunidade para tratar cuestións importantes para os nosos portos e a actividade pesqueira, alén de falar do dragado dos portos de Ribeira e Aguiño, trataremos outros asuntos como a necesidade que a Consellería de Mar desenvolva actuacións de mantemento ou garantir a seguridade e a operatividade dos portos”.

Pérez Barral considera que é fundamental abordar o problema do marisqueo. “A situación que atravesa este sector require un estudo e definir un plan de acción claro co obxectivo de buscar solucións duradeiras e efectivas para paliar a redución da produtividade na ría”.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas