O Concello de Ribeira apostou este ano por un formato máis inclusivo para todo o programa de actividades relacionado coa recepción aos Reis Magos deste domingo e a posterior Cabalgata que dará comezo ás 18.00 horas en Santa Uxía. Na presentación da axenda participaron o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta e a concelleira de […] O Concello de Ribeira apostou este ano por un formato máis inclusivo para todo o programa de actividades relacionado coa recepción aos Reis Magos deste domingo e a posterior Cabalgata que dará comezo ás 18.00 horas en Santa Uxía. Na presentación da axenda participaron o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta e a concelleira de
O Concello de Ribeira apostou este ano por un formato máis inclusivo para todo o programa de actividades relacionado coa recepción aos Reis Magos deste domingo e a posterior Cabalgata que dará comezo ás 18.00 horas en Santa Uxía. Na presentación da axenda participaron o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta e a concelleira de Cultura, Antía Alberte. Segundo explicaron, este ano faise a estrea dun novo modelo de Cabalgata, “no que como xa avanzamos no seu día, apostamos por incrementar as animacións que participan no percorrido, por achegar maior vistosidade, e tamén por abrir a participación nas carrozas á cativada, dando a posibilidade a calquera neno ou nena de Ribeira entre 5 e 10 anos a inscribirse e participar no sorteo, no que saíron elixidos 66 pequenos e pequenas que xa recibiron en préstamo o seu traxe de paxe real en cores verde, azul e vermello facilitando así ás familias que poidan participar neste día especia”, sinalou Suárez-Puerta.
Polo tanto, xunto coas Súas Maxestades tamén serán protagonistas todos os pequenos e pequenas que os acompañarán, sinalou o edil, engadindo que como é habitual os Reis Magos chegarán ao porto de Ribeira nas embarcacións da Real e Ilustre Confraría da Dorna, e dende alí irán a pé ata a rúa de Canarias de onde sairá todo o desfile ás 18:00 h.
A Cabalgata estará formada por seis carrozas de gran formato, das cales tres son as das Súas Maxestades, unha carroza da Estrela de Belén, unha carroza do Carteiro Real e unha carroza de temática mariñeira. Nelas distribuiranse aos 66 nenos e nenas agraciados no sorteo acompañados de monitorado do concello. A comitiva estará formada por máis de 300 persoas, xa que ademais das nenas e nenos participantes nas carrozas, contarase con distintas agrupacións e compañías que se encargarán de encher de música, luz e animación o percorrido “nunha forte aposta por dar máis relevancia e vistosidade ao evento”, explicaron os concelleiros, incidindo logo nos pormenores do programa, que terá máis música e animación có do ano pasado, e que incluirá 5 charangas e unha banda de música: son a charanga BB+ de Vedra, a charanga Gárgolas de Celanova, a charanga Fanfarria Furruxa de Caldas, a Banda de Música de Ferrol Cristo de la Buena Muerte, a charanga Santa Compaña de Culleredo e a charanga Charandonga de Cotovade.
Esta vertente máis festiva completarase con animacións especiais que chegan da man da prestixiosa produtora Global Eventus, que traerá a Santa Uxía o espectáculo Cabalos de Luz e tamén outro con distintas personaxes do mundo de Supermario Bros. Ademais contarase coa presenza dos PJ Mask, que participarán no desfile para facer as delicias dos máis pequenos da casa.
Novidades no percorrido
En canto ao percorrido, os concelleiros explicaron que este ano muda lixeiramente respecto da anterior
edición para tratar de chegar a distintas zonas da cidade. Así, sairase da rúa de Canarias, e dende alí a comitiva dirixirase até a rotonda de Padín, o parque García Bayón e o Malecón, subirá por Romero Ortiz e percorrerá ao completo a rúa Galicia, pasando pola rúa Canarias, a avenida Miguel Rodríguez
Bautista, e este ano como novidade, irase pola avenida da Constitución e a rúa Estatuto chegando así ata o barrio das Avesadas, para despois percorrer a rúa Rosalía de Castro até a praza do Concello, a rúa Mariño de Rivera e a rúa Talleres Nervión. Aí rematará o percorrido e As Súas Maxestades baixarán das carrozas para dirixirse á praza de España onde será a recepción e onde saudarán ao Belén Vivinte impulsado un ano máis pola Asociación Alfaia.
Na praza de España, onde se atopará o escenario para a recepción dos Reis Magos, habilitarase o punto de recollida de nenas e nenos perdidos.
Durante o percorrido lanzaranse 2.500 quilogramos de caramelos sen glute, aptos para celíacos, e o público tamén poderá desfrutar de pequenos espectáculos de fogos artificiais que se irán lanzando en distintos puntos da ruta: a terraza do Mercado Municipal, o varadeiro do porto, o parque do Centenario e a praza de España.
Fancisco Suárez Puerta comentou: “Dada a boa acollida que tivo o ano pasado, queremos que este evento sexa unha Cabalgata inclusiva, e para iso en colaboración coa asociación Ágape decidiuse volver a marcar un tramo do percorrido sen ruídos pensado para aquela poboación neurodiverxente ou que teña algún tipo de sensibilidade auditiva e visual. Por accesibilidade e localización establecemos esta zona sen ruídos e baixa iluminación na rúa Canarias, dende o cruce da rúa de Galicia ao cruce da avenida Miguel Rodríguez Bautista, por onde pasarán sen música todas as carrozas e agrupacións en dirección á rúa Miguel Rodríguez Bautista; amais habilitarase estacionamento reservado para estas familias na rúa Cordieiro, polo que aqueles interesados poderán recoller unha autorización especial no departamento de Cultura, entregando o certificado de discapacidade específico”, sinalou o concelleiro, engadindo que unha vez rematado o percorrido na praza de España, As Súas Maxestades saudarán as todas as persoas que estean agardando e procederán a realizar o sorteo de 3 agasallos entre os nenos e nenas que recibiron as súas rifas por visitar ao Carteiro Real, o Apalpador e o Pai Noel nas distintas actividades do Nadal. Ao remate recibirán a todas as nenas e nenos que así o desexen e participen da recepción real un agasallo sorpresa especial.
Dispositivo de seguridade
En canto ao dispositivo de seguridade para este evento contarase como é habitual coa colaboración da Policía Local para a regulación e cortes de tráfico necesarios, de protección civil, grupo GAEM así como dunha ambulancia asistencial durante todo o percorrido. “Ademais agradecemos a todos os veciños e veciñas que actúen con cautela e precaución sobre todo durante o paso das carrozas polas rúas máis concorridas para evitar aglomeracións, caídas ou calquera outra situación de risco” engadiu Suárez-Puerta.
No caso de chuvia poderase acortar o percorrido ou incluso suspender dependendo das condicións climatolóxicas se son moi adversas, neste caso a recepción e distintas actuacións cun festival de Reis coas agrupacións participantes serían no Auditorio Municipal, polo que dende o Concello piden ás veciñas e veciños que estean atentas/os á web municipal (www.ribeira.gal) e ás redes sociais do Concello para estar ao día dos cambios que poidan producirse.
Barbanza-Arousa | O Barbanza