Ribeira acolleu a presentación da festividade de San Cristovo. Acudiron o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, o párroco de Santa Uxía, Alfonso Mera e a presidenta da asociación Alfaia, Mari Carmen García. O edil salientou o arraigo que ten esta festa en Ribeira e que “cada vez vai a máis, o no pasado a […] Ribeira acolleu a presentación da festividade de San Cristovo. Acudiron o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, o párroco de Santa Uxía, Alfonso Mera e a presidenta da asociación Alfaia, Mari Carmen García. O edil salientou o arraigo que ten esta festa en Ribeira e que “cada vez vai a máis, o no pasado a
Ribeira acolleu a presentación da festividade de San Cristovo. Acudiron o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, o párroco de Santa Uxía, Alfonso Mera e a presidenta da asociación Alfaia, Mari Carmen García.

O edil salientou o arraigo que ten esta festa en Ribeira e que “cada vez vai a máis, o no pasado a cantidade de vehículos que se achegaron foi impresionante”. O segundo tenente de alcalde manifestou “o total apoio a todo o que se nos solicite neste aspecto porque entendemos que hai que manter as tradicións de Ribeira e se algunha se pode recuperar non dubidaremos en darlle o impulso que necesite e facer que Ribeira manteña a súa esencia”. Suárez-Puerta anunciou que a data da procesión “será o vindeiro domingo 13 de xullo e como novidade este ano “imos cambiar o punto de partida e sairemos da zona do paseo de Bandourrío-Touro para o comezo da procesión, polo demais o resto farase como se vén facendo sempre”.
Alfonso Mera deu as grazas á Asociación Alfaia porque “ao patrimonio inmaterial, moitas veces, non se lle dá demasiada importancia e grazas a
esta asociación estanse a recuperar e manter as tradicións de Ribeira”. O párroco de Santa Uxía comunicou que cada ano esta procesión honra a un tipo de vehículo, “este ano vaise adicar aos ciclistas, e coido que é algo moi interesante porque promove o deporte e a reflexión de que todos os vehículos poidan convivir con seguridade”.
Os xornada comezará ás 10.00 horas coa concentración de vehículos no Touro; ás 11:00 horas será a quenda da actuación do grupo Xiada; ás 12:00
horas a misa solemne na Igrexa Parroquial de Santa Uxía en memoria das persoas falecidas en accidentes de tráfico e en especial un homenaxe aos ciclistas. Ao remate da misa haberá o tradicional desfile coa imaxe de San Cristovo acompañado do grupo de gaitas Xiada e o Club Reventapistóns dende a Porta do Sol até o paseo do Touro onde se realizará a bendición e posterior percorrido dos vehículos.
Barbanza-Arousa | O Barbanza