O pregón inaugural a cargo de Tonhito de Poi, terá lugar este mércores 30 ás 21:30 horas desde o balcón do novo edificio do Concello, que por primeira vez será utilizado para un acto público, a pesar de que aínda non está en pleno funcionamento. Será Tras o pregón, celebrarase a Noite das Orquestras, con actuacións simultáneas […] O pregón inaugural a cargo de Tonhito de Poi, terá lugar este mércores 30 ás 21:30 horas desde o balcón do novo edificio do Concello, que por primeira vez será utilizado para un acto público, a pesar de que aínda non está en pleno funcionamento. Será Tras o pregón, celebrarase a Noite das Orquestras, con actuacións simultáneas
O pregón inaugural a cargo de Tonhito de Poi, terá lugar este mércores 30 ás 21:30 horas desde o balcón do novo edificio do Concello, que por primeira vez será utilizado para un acto público, a pesar de que aínda non está en pleno funcionamento.
Será Tras o pregón, celebrarase a Noite das Orquestras, con actuacións simultáneas de tres agrupacións de primeiro nivel: O Combo Dominicano na Praza de Pontevedra en Bandaorrío, a Orquestra Finisterre na Praza de España, e a Orquestra Capitol no Malecón.
O xoves 31 será o día da 1ª Travesía a Nado Cidade de Ribeira, unha das grandes novidades desta edición, cun percorrido arredor da Insua e saída desde o paredón, con categorías desde benxamín ata xuvenil. Pola noite, ás 23:00 horas, actuarán Lichis & Due Country Cavalieri (protagonizado polo ex-compoñente de La Cabra Mecánica) na Porta do Sol, seguidos pola Orquestra Kubo na Praza de España.
O venres 1 de agosto haberá actuación da Coral Polifónica Municipal ás 13:00 horas na Porta do Sol. Xa pola noite, ás 23:00 h, será a quenda dos concertos de Huecco e Galician Army na explanada da Lonxa Vella, mentres que en paralelo tocará a Orquestra New York en Bandaorrío.
O sábado 2 comezará cunha actividade infantil a cargo de Agape na Praza do Concello e unha mostra de pintura ao vivo na rúa Galicia organizada por O Faiado. Ás 11:30 h celebrarase o mercadillo solidario A Creba, e ás 13:00 h actuarán os alumnos de PoPs School na Porta do Sol.
Pola tarde terá lugar a Misa Solemne na honra da Virxe do Carme e a tradicional Procesión Marítima, coa colaboración da Asociación Alfaia e as Amas de Casa. Á noite, a música volverá ser protagonista: Son de Camawey traerá a esencia da música cubana a Bandaorrío, seguido do tributo a Andrés Calamaro coa banda Alta Honestidad, mentres que na Praza de España actuará a Orquestra Marbella.
O broche de ouro chegará o domingo 3 de agosto coa tradicional Gran Sardiñada no Parque de Avesadas desde as 13:30 h, animada polo grupo local Drippers. Pola tarde, desde as 18:00 ata as 21:00 h, celebrarase a sesión DJ “Remember Callejón” con música dos anos 80 e 90 preto do Museo Municipal. Finalmente, ás 22:00 h tocará a Orquestra Platinum no Malecón, que dará paso ao esperado Combate Naval e a espectacular queima de fogos artificiais á medianoite.

Barbanza-Arousa | O Barbanza