O CIM de Ribeira (Centro de Información á Muller), en colaboración coa Confraría da Dorna e Mulleres en Acción., habilitará puntos violetas nas Festas de Agosto e da Dorna. Na presentación participaron a concelleira de Igualdade e Diversidade, Cruz Rivadulla, a asesora legal do CIM, Dolores Crujeiras e Nancy Silva, do departamento de Acción Social […] O CIM de Ribeira (Centro de Información á Muller), en colaboración coa Confraría da Dorna e Mulleres en Acción., habilitará puntos violetas nas Festas de Agosto e da Dorna. Na presentación participaron a concelleira de Igualdade e Diversidade, Cruz Rivadulla, a asesora legal do CIM, Dolores Crujeiras e Nancy Silva, do departamento de Acción Social
O CIM de Ribeira (Centro de Información á Muller), en colaboración coa Confraría da Dorna e Mulleres en Acción., habilitará puntos violetas nas Festas de Agosto e da Dorna. Na presentación participaron a concelleira de Igualdade e Diversidade, Cruz Rivadulla, a asesora legal do CIM, Dolores Crujeiras e Nancy Silva, do departamento de Acción Social da Real e Ilustre Cofradía da Dorna.

A conselleira de Igualdade e Diversidade informou que co comezo das diferentes festas que se van a celebrar na cidade e que atraerán a milleiros de persoas, dende o CIM de Ribeira, xunto coa Confraría da Dorna e a asociación Mulleres en Acción, “deseñamos unha serie de actividades e protocolos para velar pola seguridade nas ditas celebracións, para que sexan festas onde nos sintamos libres de todo tipo de agresións machistas”.
Rivadulla detallou parte das medidas e accións que se van a levar a cabo: “Imos repartir dende o CIM
a través da Festa da Dorna nos puntos violetas; tapa-vasos para evitar as agresións de submisión química ou evitar que sexa botada calquera sustancia química e así previr este tipo de práctica”. A concelleira engadiu que “as outras actividades que faremos serán a instalación de puntos violeta o 18 en Bandourrío,o 19 na Porta do Sol e o 24 xullo na avenida do Malecón en horario de 22:00 a 3:00 horas pola Festa da Dorna, despois para as Festas de Agosto o día 30 de xullo na praza de Pontevedra, o 31 de xullo na praza de España, o 1 de agosto na praza das Heroínas de Sálvora, o 2 na praza de España e o día 3 na avenida do Malecón”. Rematou incidindo que son puntos onde calquera persoa que se sinta acosada, agredida ou calquera violencia, pode solicitar información.
Pola súa banda Loli Crujeiras explicou que estes puntos violeta “están dirixidos á prevención e intervención en materia de violencias machistas”. Os seus obxectivos son “sensibilizar na erradicación da violencia machista e, máis concretamente da violencia sexual, proporcionando información sobre estas materias”.

Tamén atender e, no seu caso, acompañar a mulleres ou adolescentes, que sufran algún tipo de violencia de xénero, en especial violencia sexual, ou a persoas que sufran outras violencias, informar ás persoas que sufran outras agresións machistas, a ás persoas que presencien algunha manifestación relacionada coas violencias machistas; para saber como se debe actuar nestes casos…
Os puntos violetas disporán cada un de dúas profesionais con formación e/ou experiencia en dinamización de actividades relacionadas coa prevención de violencias machistas así como o manexo do protocolo de actuación nas violencias machistas, en especial coa violencia sexual e a violencia asociada a condutas LGTBIfóbicas.
Para rematar Nancy Silva sinalou que a Confraría da Dorna leva todo este ano traballando en
colaboración co CIM, e tamén con outras entidades como Mulleres en Acción ou Malas Herbas, e afirmou que ao final “creouse entre todos e todas un protocolo máis exhaustivo para o tema da hostalería á cal se lle vai a repartir dito protocolo”; Silva fixo referencia ao aumento de locais de hostalería que se sumarán aos puntos violetas, coa novidade este ano; de incorporación de información cun protocolo simplificado tanto nos baños femininos con coma masculinos e tamén visíbel na barra do local hostaleiro.
Barbanza-Arousa | O Barbanza