Ribeira pecha 2025 cun forte impulso ao Plan de Sustentabilidade Turística para non perder fondos europeos

O Concello de Ribeira pechou o ano 2025 cun importante avance no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) , tras licitar a construción dun miradoiro con punto de interpretación en Punta do Castro e a restauración do lavadoiro da Penisqueira. En total, durante os últimos meses sacáronse a contratación dez proxectos que suman máis […] O Concello de Ribeira pechou o ano 2025 cun importante avance no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) , tras licitar a construción dun miradoiro con punto de interpretación en Punta do Castro e a restauración do lavadoiro da Penisqueira. En total, durante os últimos meses sacáronse a contratación dez proxectos que suman máis  

O Concello de Ribeira pechou o ano 2025 cun importante avance no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) , tras licitar a construción dun miradoiro con punto de interpretación en Punta do Castro e a restauración do lavadoiro da Penisqueira. En total, durante os últimos meses sacáronse a contratación dez proxectos que suman máis de 850.000 euros.

A alcaldesa, María Sampedro, destacou o traballo do seu goberno na execución deste plan, que busca revitalizar espazos culturais, patrimoniais e paisaxísticos do litoral ribeirense. Subliñou ademais a importancia de avanzar dentro dos prazos marcados para asegurar o financiamento europeo.

Un novo miradoiro en Punta do Castro
A actuación en Punta do Castro conta cun investimento de 143.848, 54 euros e inclúe a rehabilitación da antiga fábrica de salgadura, a consolidación da edificación existente e a instalación de estruturas en forma de. cín que funcionarán como miradoiro, reforzando a conexión visual e simbólica do inmoble co mar.

Recuperación do lavadoiro da Penisqueira
No lavadoiro da Penisqueira investiranse 48.198, 54 euros para recuperar este elemento patrimonial afectado polo mar e a climatoloxía. O proxecto contempla a limpeza da contorna, a renovación de canalizacións de auga, o repicado de muros e a mellora do vaso, ademais da creación dunha pequena grada de pedra a modo de miradoiro.

Proxectos en tramitación
Dentro do mesmo plan atópanse aínda en fase de tramitación a compra da nave de Cerqueira e o deseño e implantación da plataforma Destino Intelixente, que completarán a estratexia de modernización e sustentabilidade turística impulsada polo Concello.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas