Todo está preparado para que Ribeira exerza de anfitrioa dunha nova edición da Gala da Vela Galega. Este venres, día 7 de marzo, a Real Federación Galega de Vela volve convocar aos mellores deportistas, clubs, técnicos, xuíces e institucións para celebrar a gran festa deste deporte coa entrega dos galardóns ás figuras máis destacadas da […] Todo está preparado para que Ribeira exerza de anfitrioa dunha nova edición da Gala da Vela Galega. Este venres, día 7 de marzo, a Real Federación Galega de Vela volve convocar aos mellores deportistas, clubs, técnicos, xuíces e institucións para celebrar a gran festa deste deporte coa entrega dos galardóns ás figuras máis destacadas da

Todo está preparado para que Ribeira exerza de anfitrioa dunha nova edición da Gala da Vela Galega. Este venres, día 7 de marzo, a Real Federación Galega de Vela volve convocar aos mellores deportistas, clubs, técnicos, xuíces e institucións para celebrar a gran festa deste deporte coa entrega dos galardóns ás figuras máis destacadas da pasada tempada.
A cita, que terá lugar ás 19.30 horas no recentemente estreado Auditorio Municipal de Ribeira, enxalzará novamente o deporte galego, que un ano máis volveu a engrosar a lista de títulos nacionais, europeos e mundiais grazas ao gran nivel dos regatistas galegos e galegas.
Ademais de entregar os premios aos vencedores da clasificación autonómica nas diferentes categorías de vela lixeira, cruceiros, monotipos e radio control, a Gala da Vela Galega 2024 recoñecerá á regatista olímpica Támara Echegoyen, medalla de ouro en Londres 2012 e representante para España nos últimos Xogos Olímpicos celebrados en París o pasado verán.
Os irmáns Martín e Jaime Wizner, pola súa banda, tamén serán galardoados como grandes promesas da vela galega tras lograr a súa clasificación para o equipo olímpico español de 49er.
O arousán Antón Paz faise este ano co premio ao mellor técnico da tempada tras lograr o bronce en París 2024 co equipo neozelandés de Nacra 17, e entre as entidades náuticas galegas destacan entre a listaxe de galardoados o Real Club Náutico de Sanxenxo como primeiro club do baremo e organizador do mellor evento do ano, o Campionato de Europa de 6 Metros, e o Real Club Náutico de Portosín, gañador a Copa de Galicia de Cruceiros.
A listaxe completa de premiados e premiadas xa foi publicado e está dispoñíbel para a súa consulta na páxina www.rfgvela.es.
Ademais de Manuel Villaverde, presidente da Real Federación Galega de Vela, o acto contará coa presenza de Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira, e José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte, entre outras autoridades.
Barbanza-Arousa | O Barbanza