Esta semana o equipo Mega Builder Team de robótica de Ribeira foi recibido polo goberno local no Concello despois de que o pasado 22 de febreiro se clasificara na competición autonómica da FIRST LEGO League celebrada en Ferrol. Este equipo formado por rapaces de Ribeira, acadou o segundo posto na proba galega por detrás do […] Esta semana o equipo Mega Builder Team de robótica de Ribeira foi recibido polo goberno local no Concello despois de que o pasado 22 de febreiro se clasificara na competición autonómica da FIRST LEGO League celebrada en Ferrol. Este equipo formado por rapaces de Ribeira, acadou o segundo posto na proba galega por detrás do

Esta semana o equipo Mega Builder Team de robótica de Ribeira foi recibido polo goberno local no Concello despois de que o pasado 22 de febreiro se clasificara na competición autonómica da FIRST LEGO League celebrada en Ferrol. Este equipo formado por rapaces de Ribeira, acadou o segundo posto na proba galega por detrás do conxunto ourensán Captioma Elementals na undécima edición da fase autonómica do devandito campionato internacional.
Este segundo posto permítelles competir na final do Torneo Estatal de Robótica da FIRST LEGO que este ano está programado para o 29 de marzo na Universidade da Coruña, a través do Campus Industrial e da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol.
Ao acto acudiron o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, a concelleira de Facenda, Herminia Pouso e os integrantes do equipo, Manuel, Ángel, Hugo, Pablo, Soren, Martín, Daniel, Isaac, David e Jorge máis os adestradores Pedro Estévez e Manuel Vilar. O adestrador Manuel Vilar explicou en que consiste o campionato; “é un campionato que se celebra tódolos anos en Ferrol, hai unha parte que é o xogo do robot que é un robot que montas con pezas LEGO e hai que superar un total de 15 misións que cambian en cada edición, e por outra banda cómpre facer un proxecto de innovación relacionado cunha temática na que este ano houbo que traballar o mundo submarino, as investigacións acuáticas”. Tamén sinalou que para a puntuación tamén téñense en conta os valores do bo facer do traballo en equipo. Esta é a segunda clasificación que conseguen para o estatal, xa que na anterior desprazáronse a Málaga.
O capitán do equipo, Manuel Vázquez, falou da súa experiencia: “Eu son os que os axudo nos problemas que teñan, fago un pouco de unión do equipo e saben que me precisan para calquera cousa”.

O rexedor, Luís Pérez Barral, interesouse sobre o sistema de clasificación e o adestramento ou as probas ás que se enfrontan, e tamén quixo resaltar “que é un orgullo para toda Ribeira ter rapaces e rapazas menores de idade que son capaces non só de aprender programación, robótica ou informática, senón que tamén comparten valores tan importantes como o compañeirismo, axudándose uns a outros”. Por outra banda puxo en valor “que eses rapaces que no seu día estiveron no equipo de competición, agora que van medrando pasan a ser adestradores deses compañeiros que veñen atrás; todo un exemplo”. Finalmente desexoulles sorte para o campionato estatal.
Para rematar o concelleiro de Novas Tecnoloxías e a concelleira de Facenda expresaron o cariño e gratitude a todos estes nenos “que están levando o nome de Ribeira alá por onde van e demostran que aquí tamén temos canteira en ámbitos como a robótica”.
Barbanza-Arousa | O Barbanza