O Centro Social de Boiro alberga este sábado 8 de marzo unha presentación literaria a cargo de Domingo Díaz Docampo e Rosa Ferreiro, editor e coordinadora do libro Traballadoras da liberdade. A cita será a partir das 19.00 horas e está organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza. Contarase tamén coa presenza […] O Centro Social de Boiro alberga este sábado 8 de marzo unha presentación literaria a cargo de Domingo Díaz Docampo e Rosa Ferreiro, editor e coordinadora do libro Traballadoras da liberdade. A cita será a partir das 19.00 horas e está organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza. Contarase tamén coa presenza
O Centro Social de Boiro alberga este sábado 8 de marzo unha presentación literaria a cargo de Domingo Díaz Docampo e Rosa Ferreiro, editor e coordinadora do libro Traballadoras da liberdade. A cita será a partir das 19.00 horas e está organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza. Contarase tamén coa presenza de Olga González, concelleira de Medio Ambiente e Mar.
Trátase do primeiro libro que editan Domingo Díaz e Rosa Ferreiro con testemuños de mulleres represaliadas na Guerra Civil e no franquismo con ilustracións do debuxante Manel Cráneo. O libro foi lanzado por Demo Editorial.
A obra recolle as testemuñas reais de 11 mulleres que sufriron e loitaron contra o fascismo, elaboradas por Rosa M. Ferreiro. En palabras de Manel Cráneo, estamos ante “algo máis ca un libro, é un deses proxectos vitais e necesarios polos que profesións como a miña énchense de sentido”.

Barbanza-Arousa | O Barbanza