Sálvora e os seus enigmas históricos e lendarios protagonista de “Expediente oculto” na TVG

A presentadora de “Expediente oculto” Patricia Abel desprazouse ata a Illa de Sálvora para gravar unha nova entrega do programa de TVG que combina investigación e entretemento. É a primeira vez que o espazo dedica un episodio monográfico a este enclave situado na boca da Ría de Arousa, un lugar rodeado de historia, misterio e […] A presentadora de “Expediente oculto” Patricia Abel desprazouse ata a Illa de Sálvora para gravar unha nova entrega do programa de TVG que combina investigación e entretemento. É a primeira vez que o espazo dedica un episodio monográfico a este enclave situado na boca da Ría de Arousa, un lugar rodeado de historia, misterio e  

A presentadora de “Expediente oculto” Patricia Abel desprazouse ata a Illa de Sálvora para gravar unha nova entrega do programa de TVG que combina investigación e entretemento. É a primeira vez que o espazo dedica un episodio monográfico a este enclave situado na boca da Ría de Arousa, un lugar rodeado de historia, misterio e tradición oral.

O programa que se emite este luns ás 22.50, afonda na lenda da Santa Compaña, que segundo a tradición popular habitaría na illa, e nas peculiares formacións rochosas que alimentaron durante décadas relatos cheos de simbolismo. Mais a investigación non se limita ao eido mítico: o equipo tamén centra a súa atención no coñecido como crime de Touzas, un suceso que deixou fonda pegada na memoria colectiva da comarca. A vítima foi Vitorio Lea, golpeado ata a morte, nun caso que continúa espertando interese polo seu contexto e repercusión social.

Ademais, o espazo aborda outras historias vinculadas á illa e á súa contorna, como os supostos “pactos de amor”, unha sorte de maldición romántica que, segundo a tradición, estaría detrás dunha inusual cadea de desgrazas sentimentais.

Con este novo episodio, Patricia Abel e o seu equipo buscan ofrecer unha ollada ampla á Illa de Sálvora, combinando documentación histórica, testemuñas e recreacións para achegar á audiencia un retrato completo dun dos lugares máis singulares do litoral galego.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas