Sanidade licita por case 195.000 euros o mantemento de equipos de imaxe médica avanzada en Santiago e Barbanza

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), vén de publicar no Portal de Contratos Públicos a licitación do servizo de mantemento integral de equipamento de alta tecnoloxía médica da marca Ziehm Imaging na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza. O contrato está valorado en 194.818 euros. Trátase do […] A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), vén de publicar no Portal de Contratos Públicos a licitación do servizo de mantemento integral de equipamento de alta tecnoloxía médica da marca Ziehm Imaging na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza. O contrato está valorado en 194.818 euros. Trátase do  

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), vén de publicar no Portal de Contratos Públicos a licitación do servizo de mantemento integral de equipamento de alta tecnoloxía médica da marca Ziehm Imaging na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza. O contrato está valorado en 194.818 euros.

Trátase do mantemento de arcos cirúrxicos, dispositivos de imaxe médica de última xeración fundamentais para a realización de procedementos intervencionistas e cirúrxicos en especialidades como a cardioloxía, a cirurxía vascular ou a traumatoloxía. Estes equipos permiten obter imaxes en tempo real cun alto nivel de precisión, algo esencial para garantir a seguridade e a eficiencia nas intervencións.

O Sergas destaca que este servizo permitirá minimizar o risco de avarías e interrupcións inesperadas, asegurando a plena operatividade dos quirófanos e salas intervencionistas. Ademais, contribuirá a prolongar a vida útil dos equipos e manter a súa actualización tecnolóxica, garantindo así un rendemento óptimo.

O contrato ten unha duración inicial prevista de 24 meses e poderá ser prorrogado anualmente ata un máximo de 36 meses adicionais.

As empresas interesadas en participar neste procedemento de licitación teñen de prazo ata o 26 de maio para presentar as súas ofertas.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas