Saudade (Deputación) reunirá a 13 chefs con máis de 20 estrelas Michelín do 13 ao 15 de xullo en Ribeira, A Pobra, Santiago, Coristanco e Santa Comba

Fortalecer a identidade gastronómica da provincia da Coruña e fomentar a súa promoción en todo o Estado é o principal obxectivo do proxecto Saudade, presentado polo vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, na Praza de Abastos compostelá, nun acto no que tamén participaron os chefs Lucía Freitas e Manuel Costiña, e as produtoras Carmela […] Fortalecer a identidade gastronómica da provincia da Coruña e fomentar a súa promoción en todo o Estado é o principal obxectivo do proxecto Saudade, presentado polo vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, na Praza de Abastos compostelá, nun acto no que tamén participaron os chefs Lucía Freitas e Manuel Costiña, e as produtoras Carmela  

Fortalecer a identidade gastronómica da provincia da Coruña e fomentar a súa promoción en todo o Estado é o principal obxectivo do proxecto Saudade, presentado polo vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, na Praza de Abastos compostelá, nun acto no que tamén participaron os chefs Lucía Freitas e Manuel Costiña, e as produtoras Carmela Cano, de Queixo Galmesán e Graciela Castro, de Chichalovers, que formarán parte da programación deste evento.

Fotos da presentación de Saudade por Cris Andina

O proxecto desenvolverase os próximos días 14 e 15 de xullo en diferentes puntos da provincia (Santa Comba, Santiago, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Coristanco), e contará coa participación dun selecto grupo de reputados e reputadas chefs de todo o Estado, que suman máis de 20 estrelas Michelín, e que viaxarán á provincia da Coruña para explorar, descubrir e mergullarse nos recursos gastronómicos e os produtos autóctonos que fan único o territorio. Alberto Chicote, Diego Guerrero, Paco Morales, Aitor Arregi, Macarena de Castro, Begoña Rodrigo, Andoni Luis Aduriz, Toño Pérez e os galegos Javi Olleros, Xosé T. Cannas, Manuel Costiña, Lucía Freitas e Pepe Solla, varios con 2 e 3 estrelas Michelin, son os grandes nomes que participarán no evento, e aos que acompañarán xornalistas e prescritores e prescritoras de prestixio do ámbito gastronómico.

O vicepresidente, Xosé Regueira, explicou o obxectivo do evento: “Poñer en valor a autenticidade do noso territorio e dos nosos produtos, e por suposto o bo facer dos nosos profesionais, para que ese público de alto nivel se converta en prescritor da provincia. E celebrar que seguimos sendo un territorio con identidade, auténtico e gastronómico grazas ao noso sector agroalimentario”.

Os chefs e produtoras asistentes agradeceron o traballo da Deputación da Coruña. “Somos a parte de Galicia que máis se move en prol da gastronomía e do territorio porque hai xente detrás que ten ese sentimento e paixón por todo o que nos rodea”, sinalou Lucía Freitas. “E boa mostra diso é Saudade. Para min isto é o futuro; a mellor maneira de fomentar os produtos, os lugares e produtores é a través de convivencias como esta, para que os asistentes poidan respirar e vivir como nos, probar produtos e ser suscritores”. Manolo Costiña puxo en valor o traballo dos produtores “que temos que mimar e coidar, e preocuparnos de que Galicia sexa a despensa en produtos de alta calidade”. Neste sentido, sinalou que no seu caso “o que máis lle sorprende á xente que nos visita é a materia prima que temos ao redor”.

Pola súa banda, Graciela Castro, de Chichalovers, destacou que é “unha forma marabillosa de dar visibilidade a proxectos como o noso. É moi importante poñer en valor territorio e cultura, seguir traballando polo noso e amosalo ao mundo, e que se vexa o traballo o que hai detrás e todo o que se pode facer volvendo a terra”. Carmela Cano, de queixo Galmesán, salientou a “visión” da Deputación “de xuntar territorio, produto e gastronomía como unha fonte de riqueza”, así como a aposta por pequenos produtores “permitíndonos ocupar espazos que doutro xeito non poderiamos”. Carmela tamén celebrou “a riqueza da provincia, que nos permite falar do territorio a través dos produtos”.

Primeira xornada, adicada ao mar, no Barbanza

Haberá dúas xornadas temáticas, unha dedicada ao mar e outra á terra. Así, os participantes poderán vivir de preto o luns 14 o proceso de captura e preparación dos mellores produtos do mar, desde a súa orixe ata a mesa. Para iso visitarán durante a tarde (17.00 h), a lonxa de Ribeira e gozarán dunha experiencia marítima a cargo dun bateeiro, onde tomarán contacto co proceso de cultivo do mexillón. A xornada completarase cunha visita á adega Entre os ríos, na Pobra do Caramiñal, na que haberá unha cata de viño maridada con conservas, unha comida no corazón da comarca do Barbanza e unha cea no Mercado de Abastos de Compostela.

Segunda xornada, adicada á terra, en Bergantiños

En canto á xornada do día 15, dedicada á terra, terá lugar en Coristanco; e as actividades previstas poñerán en valor os produtos do campo, dando a coñecer tamén os procesos de cultivo sostíbel e o seu papel na gastronomía contemporánea. Así, o programa inclúe un encontro con produtores locais da provincia, profesionais do sector e chefs para compartir e intercambiar opinións e experiencias.

Haberá unha primeira mesa de debate, ás 12.00 horas, sobre Raíces sostíbeis: Produto, Territorio e Cultura Alimentaria, na que participarán o chef Paco Morales e a chef Lucía Freitas, o divulgador científico José Miguel Mulet, e Lucía Calvo, da Despensa D’Lujo.

continuación, ás 12.30 horas, celebrarase unha segunda mesa de debate ao redor do tema Facer País: Innovación, Sustentabilidade e Paisaxe Emocional, na que participarán os chefs Andoni Luis Aduriz e Xosé Cannas, a xornalista gastronómica Lakshmi Aguirre, e Senén Barral, responsábel do Departamento de Innovación, Infraestruturas e Servizos de Restauración de Inditex. A xornada finalizará cunha comida tradicional.

Entre as empresas participantes figuran A Conserveira, Bonilla a la Vista, Cafés Lúa, Chichalovers, Cienporcel Abastos, Empanadas Costumes Galicia, Empanadas Ternura, Galmesán, A Despensa D`Lujo, Mariscos de Barallobre, Orixes Galegas Porco Celta, Pagos de Brigante, Percebe da Barca Muxía, Vermú Lodeiros e Xearte Brigitte.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas