O prezo da peaxe na Autoestrada do Atlántico incremétanse de media un 5,34 % O incremento das peaxes da AP-9 para o ano 2025 duplica o do IPC de decembro, que pechou 2024 nun 2,8 %. O Ministerio de Transportes destaca que as bonificacións aumentan para os usuarios frecuentes e os transportistas.O prezo da peaxe na Autoestrada do Atlántico subirá de […] O prezo da peaxe na Autoestrada do Atlántico incremétanse de media un 5,34 % O incremento das peaxes da AP-9 para o ano 2025 duplica o do IPC de decembro, que pechou 2024 nun 2,8 %. O Ministerio de Transportes destaca que as bonificacións aumentan para os usuarios frecuentes e os transportistas.O prezo da peaxe na Autoestrada do Atlántico subirá de
O prezo da peaxe na Autoestrada do Atlántico incremétanse de media un 5,34 %
O incremento das peaxes da AP-9 para o ano 2025 duplica o do IPC de decembro, que pechou 2024 nun 2,8 %. O Ministerio de Transportes destaca que as bonificacións aumentan para os usuarios frecuentes e os transportistas.O prezo da peaxe na Autoestrada do Atlántico subirá de media un 5,34 %. Pero a suba non é uniforme. Cada treito ten un custe por quilómetro diferente e unha suba diferente.
O treito entre Ferrol e A Coruña pasa a custar 5,90 euros; ir da Coruña a Santiago custa 8,40; de Santiago a Pontevedra, 7,20; e de Pontevedra a Vigo 4,85. Facer o traxecto completo desde Ferrol a Tui custará 26,85 euros desde este primeiro de xaneiro, e facelo desde A Coruña a Vigo 20,45 euros, tras subir algo máis dun euro.
As bonificacións para transportistas e condutores frecuentes tamén se aplicarán na AP-53, onde as tarifas subirán un 3,89 % a partir deste mércores.
Segundo o Ministerio de Transportes, o incremento autorizado responde, fundamentalmente, ao crecemento do índice de prezos ao consumo, tal como contempla a Lei, e ás medidas extraordinarias e temporais aprobadas a finais de 2022 para limitar a alza das peaxes ao 4 % en 2023.
A finais de 2022, habilitouse unha subvención para mitigar os efectos da alta inflación, xa que se debería aplicar unha subida de entre o 8,4 % e o 9,5 %, e estableceuse a obrigación de eliminar a devandita subvención a finais de 2026, é dicir, de ila repercutindo ao usuario de formagraduada no prazo de tres anos.
Hai que ter en conta que a subida de tarifas é acumulativa, de aí a necesidade de repercutir novamente ao usuario a diferenza que non abonou en 2023, aínda que aos poucos. De non continuar en 2025 coas subvencións xa previstas, a alza das peaxes oscilaría entre o 5,98 % e o 7,72 %.
Barbanza-Arousa | O Barbanza