Stop Deshaucios alerta da situación de risco habitacional dunha familia de Ribeira con dous fillos menores

A plataforma Stop Deshaucios Barbanza comezou o ano traballando novamente para evitar que as familias vulnerábeis da nosa comarca fiquen na rúa sen solución habitacional. Segundo informou a organización, na mañá deste 7 de xaneiro unha familia de Ribeira presentou unha queixa ante a institución da Valedora do Pobo para mediar ante a a entidade […] A plataforma Stop Deshaucios Barbanza comezou o ano traballando novamente para evitar que as familias vulnerábeis da nosa comarca fiquen na rúa sen solución habitacional. Segundo informou a organización, na mañá deste 7 de xaneiro unha familia de Ribeira presentou unha queixa ante a institución da Valedora do Pobo para mediar ante a a entidade  

A plataforma Stop Deshaucios Barbanza comezou o ano traballando novamente para evitar que as familias vulnerábeis da nosa comarca fiquen na rúa sen solución habitacional. Segundo informou a organización, na mañá deste 7 de xaneiro unha familia de Ribeira presentou unha queixa ante a institución da Valedora do Pobo para mediar ante a a entidade financeira de UCI (Unión de Créditos Inmobiliarios) e conseguir que se lles aplique o Código de Boas Prácticas Bancarias, unha vez non poden facer fronte á cota hipotecaria mensual de 715 euros. A familia, monoparental, está formada pola nai e dous fillos menores. Stop Deshaucios sinala que a nai posúe un emprego precario e temporal e os fillos están a estudar. Por outra banda, só lles restan 7.000 euros para a cancelación da hipoteca pero, actualmente, debido á súa situación económica non poden facer fronte a tan excesiva cota hipotecaria.

Desde a UCI recoméndase á familia que venda a vivenda pero Stop Deshaucios explica que en ningún caso isto pode ser unha solución, xa que se trata da súa vivenda habitual: “Queren poder continuar na casa pero cunha menor cota mensual ou ben a concesión dunha moratoria, pagando unicamente intereses, durante uns anos”, sinalan dende a organización do Barbanza.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas