O Taller Alecrín, en colaboración con concellos e entidades culturais da comarca, organiza unha nova edición dos Obradoiros de Verán, que se celebrarán do 14 ao 23 de xullo en distintas localidades galegas como Ribeira, Santiago, Valga, Noia, Pobra e Porto do Son. A proposta inclúe obradoiros gratuítos de baile social e linedance, con ritmos […] O Taller Alecrín, en colaboración con concellos e entidades culturais da comarca, organiza unha nova edición dos Obradoiros de Verán, que se celebrarán do 14 ao 23 de xullo en distintas localidades galegas como Ribeira, Santiago, Valga, Noia, Pobra e Porto do Son. A proposta inclúe obradoiros gratuítos de baile social e linedance, con ritmos
O Taller Alecrín, en colaboración con concellos e entidades culturais da comarca, organiza unha nova edición dos Obradoiros de Verán, que se celebrarán do 14 ao 23 de xullo en distintas localidades galegas como Ribeira, Santiago, Valga, Noia, Pobra e Porto do Son.
A proposta inclúe obradoiros gratuítos de baile social e linedance, con ritmos tan variados como swing, blues, bachata, kizomba, funky, merengue ou disco, creando un espazo de aprendizaxe e diversión accesible a todos os públicos adultos. A actividade está estruturada en dúas modalidades: Linedance (de 20:30 a 21:30), para inscricións individuais, e Baile Social (de 21:30 a 22:30), para parellas, previa inscrición telefónica no número 698 150 432.
O obxectivo deste programa é fomentar hábitos saudables a través do baile, ofrecendo unha experiencia lúdica, integradora e participativa, tanto para persoas con experiencia como para aquelas que desexan iniciarse. Os obradoiros tamén buscan dinamizar espazos culturais e sociais das diferentes vilas, promovendo a interacción entre xeracións e a participación activa da cidadanía.
Unha oportunidade perfecta para bailar, compartir e desfrutar do verán ao ritmo da música, con entrada libre e espírito festivo.

Barbanza-Arousa | O Barbanza