Os temporais continúan causando estragos na comarca e o concello de Ribeira foi un dos máis prexudicados polos intensos refachos de vento asociadas á borrasca Jana. Un dos incidentes máis graves tivo lugar no campo de fútbol de Aguiño, onde o temporal arrincou gran parte da cuberta. Unha chapa metálica de aproximadamente seis metros de […] Os temporais continúan causando estragos na comarca e o concello de Ribeira foi un dos máis prexudicados polos intensos refachos de vento asociadas á borrasca Jana. Un dos incidentes máis graves tivo lugar no campo de fútbol de Aguiño, onde o temporal arrincou gran parte da cuberta. Unha chapa metálica de aproximadamente seis metros de
Os temporais continúan causando estragos na comarca e o concello de Ribeira foi un dos máis prexudicados polos intensos refachos de vento asociadas á borrasca Jana. Un dos incidentes máis graves tivo lugar no campo de fútbol de Aguiño, onde o temporal arrincou gran parte da cuberta.

Unha chapa metálica de aproximadamente seis metros de lonxitude quedou suxeita por unha única ancoraxe, xerando un serio risco de desprendemento. Ante a situación, efectivos do parque de bombeiros de Ribeira, coa colaboración dos membros do GAEM, subiron á cuberta, duns catro metros de altura, para asegurar a estrutura. Durante a intervención, detectaron outras láminas parcialmente soltas, polo que procederon a fixalas con parafusos antes de retirar a chapa de maior tamaño, a cal foi encartada e colocada nun lugar resgardado do vento.
Pouco despois, rexistrouse un novo aviso relacionado co desprendemento doutra chapa nun chiringuito de Ameixida. Neste caso, a estrutura metálica, de dous metros de longo, quedara encaixada entre dúas edificacións de madeira separadas por apenas 30 centímetros e estaba en contacto cun cable eléctrico, o que provocou chispazos. A situación representaba un perigo adicional debido á súa proximidade cun valado metálico que rodea a pista de fútbol adxacente ao chiringuito.
Os bombeiros interviñeron con rapidez para desencaixar a chapa e depositala nun lugar seguro baixo as casetas do campo de fútbol. Neste operativo tamén participaron axentes da Policía Local de Ribeira, quen colaborou na seguridade da zona.
O temporal segue xerando incidencias na comarca, polo que as autoridades recomendan extremar a precaución e evitar transitar por zonas onde poidan producirse desprendementos.
Barbanza-Arousa | O Barbanza