Turistas de Suíza, Navarra, Euskadi, Andalucía e Aragón embárcanse nas rutas do mexillón da Pobra

Turistas procedentes de Navarra, Euskadi, Andalucía, Aragón e mesmo de Suíza estrearon este sábado 12 de xullo as primeiras tres rutas do mexillón do Concello da Pobra. Esta nova actividade da Concellería de Turismo largou amarras esta semana esgotando todas as prazas dispoñíbeis. A concelleira, Estefanía Ramos, celebrou a “boa acollida desta proposta, coa que […] Turistas procedentes de Navarra, Euskadi, Andalucía, Aragón e mesmo de Suíza estrearon este sábado 12 de xullo as primeiras tres rutas do mexillón do Concello da Pobra. Esta nova actividade da Concellería de Turismo largou amarras esta semana esgotando todas as prazas dispoñíbeis. A concelleira, Estefanía Ramos, celebrou a “boa acollida desta proposta, coa que  

Turistas procedentes de Navarra, Euskadi, Andalucía, Aragón e mesmo de Suíza estrearon este sábado 12 de xullo as primeiras tres rutas do mexillón do Concello da Pobra. Esta nova actividade da Concellería de Turismo largou amarras esta semana esgotando todas as prazas dispoñíbeis. A concelleira, Estefanía Ramos, celebrou a “boa acollida desta proposta, coa que se busca pór en valor unha actividade económica esencial para o municipio e potenciar a nosa riqueza gastronómica, un dos nosos maiores atractivos”. 

Segundo explicou a concelleira, estas expedicións están divididas en dúas partes. Tomando como punto de partida o porto náutico, o barco, un antigo bateeiro rehabilitado, percorre toda a costa da Pobra, pasando por lugares como Niñeiriños ou a praia da Lombiña. Durante esta travesía, os visitantes reciben as explicacións do guía especializado en turismo mariñeiro e veciño de Ribeira, Pablo Mariño Lustres. O experto relatoulles aos visitantes como é o cultivo do mexillón desde o inicio ata que este molusco acada o tamaño necesario para a súa comercialización.

A segunda parte consiste nunha degustación na que as persoas participantes teñen a oportunidade de probar o mexillón e viños con Indicación Xeográfica Protexida Terras de Barbanza e Iria.

As vindeiras saídas serán os días 17, 18, 24 e 25 de xullo. Haberá tamén viaxes en agosto (días 7, 8, 14, 15, 21, 22, 28 e 29) e os días 6 e 7 de setembro. Levaranse a cabo ás 11.00, ás 13.00 e ás 17.00 horas en grupos reducidos e cunha duración de hora e media.

As persoas interesadas en anotarse nas distintas propostas poderán facelo na Casa Mariñeira (parque do Castelo) ou no correo turismo@apobra.gal. Así mesmo, poderán solicitar máis información nos teléfonos 671 090 262, no 687 482 835 ou no 981 843 280 (extensión 2035).

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas