O grupo UCIN Boiro vén de denunciar publicamente que o Concello de Boiro mantén ocultos e sen uso os colectores marróns destinados aos biorresiduos no polígono industrial de Espiñeira, o que —sinalan— impide aos veciños realizar correctamente a separación dos residuos orgánicos, malia ser obrigatoria a recollida separada en todos os municipios desde o 31 […] O grupo UCIN Boiro vén de denunciar publicamente que o Concello de Boiro mantén ocultos e sen uso os colectores marróns destinados aos biorresiduos no polígono industrial de Espiñeira, o que —sinalan— impide aos veciños realizar correctamente a separación dos residuos orgánicos, malia ser obrigatoria a recollida separada en todos os municipios desde o 31
O grupo UCIN Boiro vén de denunciar publicamente que o Concello de Boiro mantén ocultos e sen uso os colectores marróns destinados aos biorresiduos no polígono industrial de Espiñeira, o que —sinalan— impide aos veciños realizar correctamente a separación dos residuos orgánicos, malia ser obrigatoria a recollida separada en todos os municipios desde o 31 de decembro de 2023.
A formación critica a “falla de acción e planificación” do Goberno local e considera que manter os colectores inactivos evidencia a incapacidade do Concello para cumprir coa normativa vixente, o que estaría xerando problemas na reciclaxe e limitando a participación cidadá.
Segundo UCIN, os colectores permanecen “esquecidos e fóra do alcance dos veciños”, o que dificulta o cumprimento das obrigas legais en materia de reciclaxe e impide o avance cara a unha xestión máis sostible dos residuos.
O grupo municipal exixe que os colectores se coloquen en lugares visibles e accesibles, con sinalización clara e distribución estratéxica tanto no centro urbano como nas zonas rurais, garantindo así que toda a cidadanía poida separar os seus residuos orgánicos correctamente.
UCIN considera “inaceptable que o Concello manteña os colectores ocultos e sen uso por falta de xestión” e reclama acción inmediata para resolver a situación. Ademais, critica que o alcalde “non teña un proxecto de futuro real” e que se limite a “buscar presenza mediática en lugar de garantir o cumprimento das obrigas ambientais e facilitar a reciclaxe á veciñanza”.

Barbanza-Arousa | O Barbanza
