UCIN Galicia di que a AG-11 atópase unha “situación límite” e que a “neglixencia política pon vidas en perigo”

UCIN Galicia emitiu un comunicado no que esixe “unha intervención inmediata na autovía Padrón–Ribeira (AG-11) ante unha sinistralidade diaria que consideran absolutamente insostíbel”. A formación denuncia que “esta infraestrutura clave para a mobilidade da comarca deixou de ser unha vía segura e converteuse nun risco constante para os seus usuarios”. Segundo UCIN, a media de […] UCIN Galicia emitiu un comunicado no que esixe “unha intervención inmediata na autovía Padrón–Ribeira (AG-11) ante unha sinistralidade diaria que consideran absolutamente insostíbel”. A formación denuncia que “esta infraestrutura clave para a mobilidade da comarca deixou de ser unha vía segura e converteuse nun risco constante para os seus usuarios”. Segundo UCIN, a media de  

UCIN Galicia emitiu un comunicado no que esixe “unha intervención inmediata na autovía Padrón–Ribeira (AG-11) ante unha sinistralidade diaria que consideran absolutamente insostíbel”. A formación denuncia que “esta infraestrutura clave para a mobilidade da comarca deixou de ser unha vía segura e converteuse nun risco constante para os seus usuarios”. Segundo UCIN, a media de dous ou tres accidentes diarios na AG-11 é “unha cifra que non se pode aceptar para unha autovía destas características, cun firme claramente deficiente, con fochancas, gretas profundas e un desgaste extremo que reduce gravemente a adherencia, provocando perdas de control, saídas de vía e colisións”.

No comunicado engaden que “os sinistros prodúcense ao longo de todo o trazado e en distintas franxas horarias, o que demostra que non se trata de puntos negros concretos, senón dun problema estrutural derivado do abandono e da falta de mantemento dunha vía pola que circulan miles de persoas cada día para traballar, estudar ou acceder a servizos básicos”.

Desde UCIN Galicia din que “esta situación non é nova, que vénse arrastrando desde hai máis de tres anos, agravándose de maneira alarmante nos últimos seis meses”. E así, continúan, “a pesar de que as administracións competentes son plenamente conscientes do problema”, denuncian que “optaron pola inacción, sen aplicar solucións reais nin priorizar a seguridade viaria”.

E apuntan: “O que está a ocorrer na AG-11 é unha irresponsabilidade política grave. Non falamos dun fallo puntual nin dun accidente inevitábel, falamos dunha neglixencia sostida no tempo que está a poñer en perigo a vida das persoas”, afirma José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia, engadindo que “a seguridade viaria non pode seguir subordinada á pasividade institucional. Cada día que pasa sen actuar é un día no que se expón a cidadanía a un risco evitable”.

UCIN Galicia esixe á Xunta de Galicia “unha actuación inmediata e contundente, que inclúa a reparación integral do firme, un plan serio de mantemento e todas as medidas necesarias para garantir unhas condicións de circulación seguras. “Non se pode esperar a que ocorra unha traxedia para actuar. Protexer a vida das persoas que usan esta autovía a diario debe ser unha prioridade política absoluta”, concluíu Calo.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas