Últimas prazas para o curso de Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio en Boiro

O Concello de Boiro informa de que aínda quedan prazas dispoñibles para participar no curso de Atención Sociosanitaria a persoas no Domicilio, unha formación dentro da modalidade de Accións Formativas para persoas Desempregadas (AFD). O curso iniciarase o vindeiro 17 de marzo e prolongarase ata o 12 de setembro. A formación impartirase de maneira presencial […] O Concello de Boiro informa de que aínda quedan prazas dispoñibles para participar no curso de Atención Sociosanitaria a persoas no Domicilio, unha formación dentro da modalidade de Accións Formativas para persoas Desempregadas (AFD). O curso iniciarase o vindeiro 17 de marzo e prolongarase ata o 12 de setembro. A formación impartirase de maneira presencial  

O Concello de Boiro informa de que aínda quedan prazas dispoñibles para participar no curso de Atención Sociosanitaria a persoas no Domicilio, unha formación dentro da modalidade de Accións Formativas para persoas Desempregadas (AFD). O curso iniciarase o vindeiro 17 de marzo e prolongarase ata o 12 de setembro.

A formación impartirase de maneira presencial no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Trátase dun curso con certificado de profesionalidade de nivel 2, polo que para acceder é necesario contar co título de ESO, un certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia, cumprir os requisitos de acceso a ciclos formativos de grao medio ou superar as probas correspondentes.

O curso é totalmente gratuíto e inclúye a realización de prácticas en empresas. A formación está dirixida prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas, inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e cunha situación laboral de non ocupadas. Ademais, todos os cursos formativos inclún un módulo transversal sobre inserción laboral, sensibilización ambiental e igualdade de xénero, fomentando a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

As persoas interesadas poden inscribirse a través da Oficina Virtual de Emprego ou mediante o departamento de Emprego do Concello de Boiro. Tamén poden acudir presencialmente á Oficina de Orientación Laboral, chamar ao teléfono 981 84 26 09 ou enviar un correo electrónico a emprego@boiro.gal.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas