Un estudo para mellorar o tratamento de pacientes con insuficiencia mitral severa liderado pola investigadora Inés Gómez Otero faise co VI Premio Ramiro Carregal

O xurado do Premio Internacional Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía, ao que dá nome o fundador da empresa FRINSA de Ribeira, decidiu outorgar o galardón da súa sexta edición ao traballo Estratexias de Manexo da Insuficiencia Mitral Severa en Pacientes con Insuficiencia Cardíaca ‘De Novo’ e Fracción de Eyección Reducida: Un Enfoque Integral Baseado […] O xurado do Premio Internacional Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía, ao que dá nome o fundador da empresa FRINSA de Ribeira, decidiu outorgar o galardón da súa sexta edición ao traballo Estratexias de Manexo da Insuficiencia Mitral Severa en Pacientes con Insuficiencia Cardíaca ‘De Novo’ e Fracción de Eyección Reducida: Un Enfoque Integral Baseado  

O xurado do Premio Internacional Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía, ao que dá nome o fundador da empresa FRINSA de Ribeira, decidiu outorgar o galardón da súa sexta edición ao traballo Estratexias de Manexo da Insuficiencia Mitral Severa en Pacientes con Insuficiencia Cardíaca ‘De Novo’ e Fracción de Eyección Reducida: Un Enfoque Integral Baseado no Rexistro COMFE.

Liderado por la doutora Inés Gómez Otero, responsábel da Unidade de Insuficiencia Cardíaca Especializada do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) e investigadora do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), o proxecto tratará de analizar o impacto da insuficiencia mitral (IM) severa en pacientes con insuficiencia cardíaca “de novo” e fracción de exección reducida (ICFEr) avaliando as súas características basais, eventos clínicos durante o seguimento e mortaldade global.

A hipótese da que parte o equipo expón que “a presenza de IM severa neste contexto asóciase a un peor prognóstico, sobre todo debido a un maior risco de eventos de insuficiencia cardíaca”. O proxecto céntrase na necesidade de identificar precozmente os pacientes con insuficiencia mitral severa que non respondan ao tratamento médico convencional “para optimizar os recursos seleccionando as estratexias terapéuticas máis avanzadas de forma personalizada, promovendo intervencións dirixidas que preveñan desenlaces adversos e melloren a calidade de vida destes pacientes, á vez que se distribúen de maneira máis eficiente os recursos”, explica a doutora Gómez Otero.

O traballo buscará identificar a asociación entre a IM severa e diversas variábeis clínicas, analíticas e ecocardiográficas. Ademais, analizará a relación entre a IM severa e o uso dos diferentes tratamentos farmacolóxicos e fará unha análise de supervivencia, con curvas de Kaplan-Meier que mostren a incidencia de eventos de insuficiencia cardíaca durante o seguimento.

O obxectivo é achegar evidencia científica que fortaleza as guías clínicas no manexo da insuficiencia mitral severa no contexto da ICFEr ‘de novo’, unha condición clínica prevalente con alta mortaldade cuxas implicacións prognósticas non foron de abondo exploradas, segundo explicou a doutora, que engadiu que o estudo baséase en datos do Rexistro COMFE, unha cohorte robusta e representativa, deseñada para recompilar información detallada de pacientes con insuficiencia cardíaca. A investigadora Inés Gómez Otero asegura que se trata dun estudo prospectivo no que se incluirá a tódolos pacientes que ingresen co diagnóstico de IC ‘de novo’ con FEVI reducida (menor ou igual ao 40 %) en dous hospitais de referencia, La Fe de Valencia e o Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, o “que garante a robustez e representatividade dos datos”.

O doutor José Ramón González Juanatey, presidente executivo do xurado, destaca a importancia deste proxecto para “achegar información relevante que permita profundar na comprensión das implicacións clínicas e pronósticas da insuficiencia mitral severa e mellorar as estratexias terapéuticas en pacientes con ICFEr”.

“Trátase de identificar de maneira temperá a aqueles pacientes que poderían non responder o tratamento médico convencional e necesitarían dunha abordaxe estrutural intervencionista precoz para reducir o risco de desenlaces adversos, optimizando os recursos sanitarios”, destaca o catedrático de Cardioloxía da USC e xefe do Servizo de Cardioloxía e UCC do CHUS.

O presidente de honra do xurado e mecenas do premio, o empresario Ramiro Carregal, agradeceu a doutor González Juanatey “o seu apoio a este galardón e o seu traballo para sacalo adiante ao longo deste seis anos, pero tamén o seu traballo diario no CHUS, que permitiu converter o Servizo de Cardioloxía nun referente internacional e pór a mellor sanidade posible ao servizo de toda a cidadanía, un exemplo para a sanidade pública que sempre defendeu e pola que loita diariamente desde Santiago e desde Galicia, o cal é un enorme orgullo”.

O empresario aproveita para felicitar a todo o equipo gañador desta sexta edición do Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía, do que forman parte tamén Óscar Otero García, Alfonso Varela Román, Belén Cid Álvarez, Amparo Martínez Monzonís, Violeta González Salvado, Victor Donoso-Trenado, Raquel López Vilella, Luis Martinez Dolz e Luis Amenar-Bonet.

O premio será entregado nun acto solemne a celebrar o vindeiro 22 de abril no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas