En Ribeira, a terceira edición do Programa Integrado de Emprego segue formando en distintos ámbitos. Un total de 15 persoas finalizaron nos pasados días os cursos de operacións básicas de caixa, de 15 horas, e outras 15 acabaron tamén o de organización de almacén, de 35 horas. A concelleira de Promoción Económica e Emprego de […] En Ribeira, a terceira edición do Programa Integrado de Emprego segue formando en distintos ámbitos. Un total de 15 persoas finalizaron nos pasados días os cursos de operacións básicas de caixa, de 15 horas, e outras 15 acabaron tamén o de organización de almacén, de 35 horas. A concelleira de Promoción Económica e Emprego de
En Ribeira, a terceira edición do Programa Integrado de Emprego segue formando en distintos ámbitos. Un total de 15 persoas finalizaron nos pasados días os cursos de operacións básicas de caixa, de 15 horas, e outras 15 acabaron tamén o de organización de almacén, de 35 horas. A concelleira de Promoción Económica e Emprego de Ribeira, Carmen Pérez, participou na entrega de diplomas aos participantes.

Ademais, a finais deste mes concluirá o de aplicación de fundamentos básicos en cociña, de 60 horas, e tamén se están impartindo dous en liña: uso de aplicacións móbiles no ámbito laboral, de 12 horas, e acompañante de transporte escolar, de 30 horas. En canto a formacións transversais, na Aula CeMIT ribeirense están programadas para estes días a segunda edición de uso da intelixencia artificial para a busca de emprego e trámites online coa Administración.
“O Programa Integrado de Emprego continúa capacitando a veciños e veciñas da comarca en distintos eidos para que os seus perfís profesionais se adapten aos que demandan as empresas na contorna, ademais de adaptar os contidos ao que tamén buscan as persoas participantes. Polo que se trata dun itinerario formativo que analiza os nichos de mercado que precisan traballadores. Nestes días rematou o de operacións de caixa e organización de almacén, idóneos para superficies comerciais”, tal e como explica a edil.
Compromiso de inserción laboral do 45%
O Programa Integrado de Emprego de Ribeira conta coa participación dun cento de persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego e residentes nos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Porto do Son, cun compromiso de inserción laboral do 45%.Dende o seu inicio no mes de outubro, ao longo de doce meses, reciben orientación, formación e intermediación laboral baseada nunha metodoloxía que combina a parte expositiva coas dinámicas de grupo, buscando adaptarse ás necesidades e utilizando as novas tecnoloxías para favorecer a comunicación e a conciliación, así como o desenvolvemento de habilidades para a busca de emprego.
O Programa Integrado de Emprego 2025-2026 está promovido polo Concello de Ribeira e subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.
Barbanza-Arousa | O Barbanza
