A contadora e escritora Vero Rilo e o músico Santi Cribeiro estarán este venres 20 de marzo en Boiro, no Centro Social de Abanqueiro, para achegar ao público do concello e do Barbanza o seu espectáculo Lavandeiras, unha representación teatral para público adulto. A cita será ás 21.00 horas. As entradas poderán adquirirse na billeteira […] A contadora e escritora Vero Rilo e o músico Santi Cribeiro estarán este venres 20 de marzo en Boiro, no Centro Social de Abanqueiro, para achegar ao público do concello e do Barbanza o seu espectáculo Lavandeiras, unha representación teatral para público adulto. A cita será ás 21.00 horas. As entradas poderán adquirirse na billeteira
A contadora e escritora Vero Rilo e o músico Santi Cribeiro estarán este venres 20 de marzo en Boiro, no Centro Social de Abanqueiro, para achegar ao público do concello e do Barbanza o seu espectáculo Lavandeiras, unha representación teatral para público adulto. A cita será ás 21.00 horas. As entradas poderán adquirirse na billeteira dende unha hora antes da función.
En Lavandeiras, Vero e Santi rescatan as historias, cantos e vivencias das mulleres que lavaban nos regatos e lavadoiros.
Lavandeiras é unha viaxe emocional e sensorial polas vidas das mulleres, a súa relación co traballo, coa identidade e coa memoria. Mulleres que lavaban roupa e tamén feridas, en silencios compartidos e en cantares esquecidos. Rilo e Cribeiro propoñen un ritual escénico para tender, ao sol da xustiza poética, as historias de tantas que calaron e resistiron.
A narradora oral Vero Rilo, cunha traxectoria que comezou en 2013 tras deixar o seu labor como educadora infantil, destaca pola súa capacidade para (re)construír memoria colectiva a través da palabra, desde unha perspectiva feminista e coidada.
Acompañada pola música de Santi Cribeiro —acordeonista e compositor cunha longa carreira no eido do folk galego e membro de grupos como Berrogüetto e Os d’Abaixo—, o espectáculo mestura tradición e contemporaneidade para emocionar e reivindicar.

Barbanza-Arousa | O Barbanza
